This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 19:48:29 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Subvencións e Axudas --------------------------------------------------- Subvencións EXTINGUIDAS POR CAUSAS ALLEAS (Tentaremos dar outro tipo de axudas): Por participación (Subvención extinguida por decisión da Asemblea da Federación Galega de Montañismo) Os importes de subvención do ano próximo estarán en función a un reparto por participación en actividades do presente ano. Asígnase un importe para reparto durante o ano presente de aproximadamente 1.500€ mediante concurrencia competitiva entre tódolos socios. O sistema de puntuación será o mesmo que o establecido pola FGM. No reparto entran tódolos socios que teñan 3 puntos ou máis do baremo da FGM. Se no reparto proporcional a cantidade asignada a un socio non alcanza os 5€, estes importes se sumarían ó socio con maior puntuación.   Por idade (Subvención extinguida por decisión da Asemblea da Federación Galega de Montañismo) Para os maiores de 65 anos, poderá existir unha subvención por idade. Estará en función das axudas que dea a Federación Galega para este colectivo.Os maiores de 65 anos poderán compatibilizar a subvención por idade e por participación. (Subvención extinguida dende a Federación) Sistema de puntuación do baremo da FGM (Baremo extinguido a causa das presións na Asemblea da FGM por deportistas e clubs alleos a Xistra): As actividades do calendario FGM (marchas, cursos, etc.) xeran 1 punto por participación. As actividades de carácter estatal do calendario da FEDME, recoñecidas pola FGM, xeran 2 puntos por participación. As actividades do calendario FGM de carácter internacional, xeran 3 puntos por participación. As marchas de 50 quilómetros, xeran 1 punto por marcha, sempre e cando o participante consiga o diploma acreditativo de finalización da marcha. --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2013-05-09 12:07:19 Post date GMT: 2013-05-09 10:07:19 Post modified date: 2018-12-20 14:45:56 Post modified date GMT: 2018-12-20 12:45:56 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com