Esta ano chega a XXVII Travesía Costa Naviega, un clásico que, os que xa imos tendo unha certa idade na montaña, sempre recordaremos polas boas xornadas de gozo que nos deron a moitos montañeiros galegos. Tamén lémbranos o «calvario» que tiñamos que pasar para chegar aló, hoxe superado pola mellora nas estradas.
Pero este ano goza tamén dun aliciente máis: fan coincidente a XIII edición do Día Nacional do Sendeirismo, polo que é unha actividade FEDME. Dende a FGM informáronnos de que esta actividade asígna 2 puntos de baremo ós participantes, polo que vai resultar moi interesante asistir (pola actividade en si – que si que o vale – e polos puntos deportivos para o club e os deportistas).
Podedes ver máis datos e inscricións en www.penafurada.es