Travesía Galega por Montaña FGM (antiga Marcha con Vivac). 24-25/09/2022

Ascensión ó Fontefría

TRAVESÍA GALEGA POR MONTAÑA 2022

Organiza: Club Running Sport Trail

Lugar e datas: Cabeza de Manzaneda – Chandrexa de Queixa, o sábado 16 e domingo 17 de xullo. A durmida farase en Chandrexa no colexio.

Programa:

  1. Sábado 24: Saída dende a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda as 09,30 h da mañá con chegada a Chandrexa onde se pasará a noite.
  2. Domingo 25: saída de Chandrexa as 09,30 h da mañá cara o cumio de Cabeza de Manzaneda, a través do GR – 57.

Haberá un vehículo de apoio para levar e traer materiais non necesarios para a marcha dos dous días.

Cota de inscrición:

  • 25 €. Inclúe: dereitos de participación, cea do sábado, almorzo e comida do domingo
  • Camiseta: unha vez formalizada a inscrición indicar o talle a este correo secretaria@fedgalmon.gal

 Requisitos de participación:

  • Licencia deportiva do ano en curso autonómica FGM ou ben FEDME

Material e equipamento a levar: roupa axeitada ao tipo de actividade e as condicións meteorolóxicas dos días. Mochila, cantimplora e elementos de protección como gafas, gorra, crema solar e caixa de primeiros auxilios.

INSCRICIÓNS no enlace da Federación:
https://fedgalmon.gal/travesia-por-montana/

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.