This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Thu Mar 28 15:29:40 2024 / +0000 GMT

Aberta inscrición "Tui25km" e "Coñece o Aloia 16 km" - 24 Novembro 2019



CartelTui25km O Clube de Montaña Xistra en colaboración co Concello de Tui e a Entidade Local Menor de Pazos de Reis anima a participar na marcha puntuable do VI Open de Andainas de Regularidade “Tui25km” (longa) ou a andaina non puntuable de 16 km que se celebrarán o domingo 24/11/2019.

Proba puntuable Tui25km

A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming

O prezo de inscrición é de 12€ en xeral e de 9€ para montañeiros federados FEDME.

O lugar de inicio será na Macoca. A saída será ás 9:00 h con saída en liña.

Proba libre Coñece o Aloia 16 km

A inscrición da proba de 16 km debe realizarse na páxina web de galitiming

O prezo de inscrición é de 10€ en xeral e de 7€ para montañeiros federados FEDME.

O lugar de inicio será na Macoca. A saída será ás 9:30 h con saída en liña.

Enlace para a inscrición na pasarela de Galitiming -> Aquí

 

 


Post date: 2019-11-01 14:28:24
Post date GMT: 2019-11-01 12:28:24
Post modified date: 2019-11-26 22:23:24
Post modified date GMT: 2019-11-26 20:23:24

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com