Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/un-ignorante/
Export date: Sun Jun 13 11:53:37 2021 / +0000 GMT

Un ignorante!!


Un ignorante!!

la fotoSó pode ser unha torpeza maiúscula ante a prensa ou, do contrario, este individuo é un supino ignorante.

Fala de nós, a xente que andamos na natureza como se molestásemos e, peor... que debemos estar subxugados ás demandas dos “escopeteros” porque eles xeran moitos cartos. Nós non... que somos os que comemos “bocadillos de casa” e, segundo o tal “presidente” e “escritor”, temos unha poboación dun 20% de nós que somos (directamente) uns maleducados e non respectamos que eles corten as pistas.

Sen entrar máis nas parvadas deste fulano, só hai que pensar que na natureza practicamos deporte, ocio e turismo, moita máis xente sen armas que xente con “ferros de lume”.

Hainos con bicis de montaña, algunhas das cales custan bastante máis que moitas escopetas. Hainos que facemos moitos outros deportes na montaña e que se contamos tódolos cartos que gastamos en material poderíamos asustarnos a nós mesmos: distintas botas para verán, entretempo, neve, ríxidas de graciar, crampóns, piolets, raquetas de neve, esquís de montaña, pantalóns de certas marcas, camisetas técnicas, forros polares, plumas, impermeables, mochilas, bastóns, compases e GPS, mapas, tendas de campaña, cordas de escalada, cordas para barrancos, neopreno, casco, mosquetóns, oitos, cantimploras, etc....

Ademais... un dato para a reflexión: cando vós ides a Decathlon, ¿qué porcentaxe da tenda ocupa o material e roupa de montaña e canto o de caza? Aproximadamente 10 a 1, ó noso favor. Claro eles comprarán en "tendas especializadas"... ¿e nós non?
Quen move e xera cartos? Preguntade ós encargados das tendas que clientes prefiren.

Cando ides a Pirineos, Picos de Europa ou máis preto, a Ancares, Trevinca, Mazaneda... non comedes máis que un bocata? Non durmides?
Eu polo menos sí!

Nós si que somos grandes dinamizadores da economía rural. Mal que lles pese a algúns.
Post date: 2015-05-08 22:41:02
Post date GMT: 2015-05-08 20:41:02

Post modified date: 2015-05-08 22:41:02
Post modified date GMT: 2015-05-08 20:41:02

Export date: Sun Jun 13 11:53:37 2021 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com