Esta fin de semana pasada tivo lugar a Andaina de Salceda. O noso socio e amigo Manolo (Andarín) traballou arreo para que todo saíse, como xa ven sendo habitual, moi ben.
Unha asistencia importante, boa presenza de socios de Xistra, e un tempo excepcional foron as nosas mellores impresións.
Lamentablemente media decena de socios de Xistra inscritos, finalmente non puideron asistir por motivos persoais xurdidos no último momento. Aínda así, a nosa presenza e participación viuse moi ben representada con máis de 15 marchadores e case todos puideron rematar sen problemas os 50km.
Como ven sendo habitual Sonia de Galifisio acudiu ó final da marcha para atender ós nosos «andaríns».
Podes ver fotos en picasa, facebook e http://bretema.uvigo.es/adaforna/ANDAINA/2013/FOTOS/FOTOS.htm !!