This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Wed Oct 21 4:14:27 2020 / +0000 GMT

Xa comezan os concursos


MonzonDende a súa aprobación en xaneiro deste ano, os socios do noso club poderemos facer os "Concursos" deportivos. Esta figura é un clásico noutros clubs máis antigos que Xistra, e facilita a dinamización da actividade individual e colectiva do club. Os socios inscríbense nunha categoría e, dentro do prazo (xeralmente anual), realizan ascensións a cumios que cumpran coa altitude ou dificultade do seu concurso.


Neste momento xa recibimos os primeiros “Partes de Ascensións” (neste caso son os infantís os que abriron a brecha) e agardamos que o resto dos socios comecen a interesárense nesta nova opción. Ademais, co tempo, faremos unha boa base de datos coas ascensións de cada deportista, o cal facilita dous obxectivos: Por unha banda facer unha guía escrita e ampla de ascensións que serva de axuda ós montañeiros máis novos; e por outra banda levar un historial de tódolos montes que cada socio vai ascendendo.


Animámosvos a participar.


XistraParteAscension

Post date: 2014-05-13 16:30:11
Post date GMT: 2014-05-13 15:30:11
Post modified date: 2014-05-13 16:30:11
Post modified date GMT: 2014-05-13 15:30:11
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com