Dende o Clube de Montaña Xistra desexamos convidarvos ó Campamento e Marcha Galega de Montaña, que este ano temos a honra de organizar na Serra do Xurés.
Descrición Xeral:
Actividade federativa galega con campamento e marcha. Este ano temos a intención de realizar 2 marchas unha máis dura e outra máis pensada para rapaces.
Pódese durmir no cámping (de balde tanto para tendas coma campistas, a cargo da Organización) ou en bungalows (a 10€ / persoa, a pagar polos propios interesados). Haberá un xantar opcional o domingo 27 de abril, se hai inscritos suficientes (10€ / persoa)
Inscricións abertas ata o día 24.
Campamento:
Sábado 26 de abril:
Zona do campamento Camping de Lantemil (A Illa – Entrimo). A partires das 20:00h.
Marchas:
Domingo 27 de abril:
Marcha de maiores
8:00h Desprazamento ata o lugar da saída: Olelas.
8:30h Saída da marcha.
Marcha de rapaces
9:00h Desprazamento ata o lugar da saída: O Casal.
9:30h Saída da marcha.
14:30h Retorno ó campamento. Clausura.
INSCRICIÓNS PECHADAS
IMPORTANTE: Atención respecto dos prezos. No momento da inscrición deberase indicar se queren bungalows e/ou comida. Estas indicacións son vinculantes e o club que reserve deberá pagar as cantidades correspondentes, fagan ou non uso das mesmas. O pagamento deberá realizalo o responsable do club en efectivo o sábado 26.