This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Mon Aug 3 14:54:54 2020 / +0000 GMT

XLIX MARCHA E CAMPAMENTO GALEGO DE MONTAÑA



Dende o Clube de Montaña Xistra desexamos convidarvos ó Campamento e Marcha Galega de Montaña, que este ano temos a honra de organizar na Serra do Xurés.

Descrición Xeral:

Actividade federativa galega con campamento e marcha. Este ano temos a intención de realizar 2 marchas unha máis dura e outra máis pensada para rapaces.

Pódese durmir no cámping (de balde tanto para tendas coma campistas, a cargo da Organización) ou en bungalows (a 10€ / persoa, a pagar polos propios interesados). Haberá un xantar opcional o domingo 27 de abril, se hai inscritos suficientes (10€ / persoa)

Inscricións abertas ata o día 24.

Campamento:

Sábado 26 de abril:

Zona do campamento Camping de Lantemil (A Illa – Entrimo). A partires das 20:00h.

Marchas:

Domingo 27 de abril:

Marcha de maiores

8:00h Desprazamento ata o lugar da saída: Olelas.

8:30h Saída da marcha.

Marcha de rapaces

9:00h Desprazamento ata o lugar da saída: O Casal.

9:30h Saída da marcha.

14:30h Retorno ó campamento. Clausura.

INSCRICIÓNS PECHADAS 

IMPORTANTE: Atención respecto dos prezos. No momento da inscrición deberase indicar se queren bungalows e/ou comida. Estas indicacións son vinculantes e o club que reserve deberá pagar as cantidades correspondentes, fagan ou non uso das mesmas. O pagamento deberá realizalo o responsable do club en efectivo o sábado 26.

Máis info

 

 


Post date: 2014-04-03 13:01:44
Post date GMT: 2014-04-03 12:01:44
Post modified date: 2014-04-25 09:30:07
Post modified date GMT: 2014-04-25 08:30:07

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com