This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Mon Nov 25 10:33:20 2024 / +0000 GMT |
XLIX MARCHA E CAMPAMENTO GALEGO DE MONTAÑADende o Clube de Montaña Xistra desexamos convidarvos ó Campamento e Marcha Galega de Montaña, que este ano temos a honra de organizar na Serra do Xurés. Descrición Xeral: Actividade federativa galega con campamento e marcha. Este ano temos a intención de realizar 2 marchas unha máis dura e outra máis pensada para rapaces. Pódese durmir no cámping (de balde tanto para tendas coma campistas, a cargo da Organización) ou en bungalows (a 10€ / persoa, a pagar polos propios interesados). Haberá un xantar opcional o domingo 27 de abril, se hai inscritos suficientes (10€ / persoa) Inscricións abertas ata o día 24. Campamento: Sábado 26 de abril: Marchas: Domingo 27 de abril: Marcha de maiores 8:00h Desprazamento ata o lugar da saída: Olelas. 8:30h Saída da marcha. Marcha de rapaces 9:00h Desprazamento ata o lugar da saída: O Casal. 9:30h Saída da marcha. 14:30h Retorno ó campamento. Clausura. INSCRICIÓNS PECHADAS IMPORTANTE: Atención respecto dos prezos. No momento da inscrición deberase indicar se queren bungalows e/ou comida. Estas indicacións son vinculantes e o club que reserve deberá pagar as cantidades correspondentes, fagan ou non uso das mesmas. O pagamento deberá realizalo o responsable do club en efectivo o sábado 26. |
Post date: 2014-04-03 13:01:44 Post date GMT: 2014-04-03 12:01:44 Post modified date: 2014-04-25 09:30:07 Post modified date GMT: 2014-04-25 08:30:07 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |