This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Tue Dec 3 17:38:14 2024 / +0000 GMT |
XVII Camiñada Terrachán-Peneda 21/09/2019XVII Camiñada Terrachán-Peneda. A camiñada terá lugar o vindeiro día 21 de setembro de 2019 (Sábado) e partirá as 9.00 horas dende a praza do Concello de Entrimo. O percorrido de 19 quilómetros comeza na praza ou alameda do Concello, pasando por Ferreiros de Abaixo, Pereira, Ribeiro, e estará debidamente sinalizado. Unha vez chegados á Peneda os participantes serán recollidos en autobuses para regresar ao punto de partida na Alameda, onde se celebrará un xantar campestre para recuperar as forzas. Ao longo do percorrido haberá puntos de aprovisionamento de bebida e froita. O prezo de inscrición será de 10 euros para non federados e de 8 euros federados. PARA ACCEDER OS AUTOBUSES DE RETORNO E O XANTAR CAMPESTRE E OBRIGATORIO LEVAR O DORSAL EN LUGAR VISIBLE. Información en inscrición na web do Concello |
Post date: 2019-09-06 18:09:53 Post date GMT: 2019-09-06 16:09:53 Post modified date: 2019-09-06 18:09:53 Post modified date GMT: 2019-09-06 16:09:53 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |