XVIII Andainatudense Solidaria 2022 – 14/05/2022

O sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e gozar do monte Aloia.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo cara á senda do Lagartón e chegar a ponte das Febres, despois subiremos polos muíños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo a praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos o sorteo de agasallos de costume.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN https://www.andatui.es/

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.