XXI DESCENSO DE BARRANCOS – FGM – 19/07/2015

FOTOS DA ACTIVIDADE

PROGRAMA

DÍA 19 – Actividade oficial.
• 9:30h: Agrupamento de participantes, na zona do Picón xunto á Casa da Pintora.
• 10:00: Aproximación e inicio barranco. Río Cal, no Concello do Rosal.
• 15:00h Xantar (opcional, 15€) – (rogamos indiquen na inscrición se participan na comida).
• 18h: Clausura actividade.
É necesario levar bebida e provisións para tomar durante o descenso.

Material obrigatorio para realizar a actividade: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, 3 mosquetóns (MÍNIMO 1 HMS e 2 sen seguro), 2 cabos de ancoraxe e 1 oito.

ATENCIÓN: QUEN NON LEVE ESTE MATERIAL INDIVIDUAL NON PODERÁ FACER A ACTIVIDADE. NON HAI ESCUSAS.

IMPORTANTE: NESTA ACTIVIDADE HABERÁ UN NÚMERO MÁXIMO DE ASISTENTES. A ORGANIZACIÓN INDICARÁ O MÁXIMO UNS DÍAS PREVIOS Ó DESCENSO E SERÁ EN FUNCIÓN DA CANTIDADE DE GUÍAS-ORGANIZADORES QUE ESTEAN DISPOÑIBLES DURANTE O EVENTO.

POR MOTIVOS DE SEGURIDADE, NESTA OCASIÓN, QUEDAN TOTALMENTE PROHIBIDOS OS SALTOS. A PROGRESIÓN SERÁ ÚNICAMENTE ANDANDO E EN RAPPEL.

O Descenso de Barrancos FGM muda de emprazamento. Queda descartada a actividade para 2015 no Courel. A Organización resérvase o dereito a cambios en función da seguridade da proba.

 

Regulamento:
ler contido

  1. Esta actividade terá lugar o día 19 de xullo de 2015 no Río Cal (O Rosal). O lugar e a data do descenso poderán mudar en función do caudal do río, de cuestións de seguridade e doutras consideracións da Organización.
  2. Poderán participar unicamente montañeiros federados con licenza deportiva que cubra esta actividade, coa experiencia mínima necesaria e que mostren condicións físicas adecuadas.
  3. Os deportistas deberán ir provistos do material e prendas adecuadas para a actividade: neopreno ou prendas aptas para a auga, casco, arnés, oito, comida para o descenso e demais material da actividade.
  4. A organización poderá vetar a participación de calquera deportista que non cumpra dos puntos 2 e 3, cuestión que non exime ós participantes da súa responsabilidade persoal e total se son admitidos.
  5. O material colectivo levarao a Organización.
  6. As inscricións efectuaranse na web do Clube de Montaña Xistra www.xistra.org, antes do día 16 de xullo (xoves).
  7. Os participantes nesta actividade asumen a aceptación completa deste regulamento. Calquera cuestión ou dúbida será resolta pola Organización, e a súa decisión será de obrigado cumprimento.
  8. Os participantes comprométense a seren respectuosos ó máximo co entorno. Queda prohibido totalmente deixar lixo ou residuos.
  9. A Organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
  10. SÓ PODERÁN PARTICIPAR ÓS FEDERADOS QUE PRESENTEN CUMPRIMENTADA A FOLLA DE INSCRICIÓN OBRIGATORIA VIXENTE E DISPOÑIBLE NA PÁXINA WEB DA FEDERACIÓN.