11/01/2020 – Aberta inscrición Noia25km

Abertas as inscricións para a proba de 25 km e a proba curta en Noia, a celebrar o día 16 de febreiro de 2020.

Os organizadores, o club Trabandainas, contan coa colaboración do Concello de Noia.

Dende o club nos informan de que a ruta será algo máis longa e chegará a uns 26,7 km aproximadamente, cunha dificultade media. O peche de inscricións será o mércores 12 de febreiro, ás 23:59 horas. Coma o ano pasado, o punto de saída será a Alameda de Noia, fronte ao Concello. Lembrade que hai que acreditarse con tempo e que os federados deben presentar o seu DNI e a súa Licenza.

A proba rematará no Polideportivo do Instituto San Alberto.

Prezos:
Noia 25 km – Federados: 10 €
Noia 25 km – Non Federados: 13 €
Noia 15 km – Federados: 6 €
Noia 15 km – Non Federados: 9 €

Podedes inscribirvos aquí – Web inscrición Noia25km

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, Rincón do Socio, Varios y etiquetada como , , . Guarda el enlace permanente.