Celebrada Asemblea Xeral Ordinara e Extraordinaria.

Celebrada a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Clube de Montaña Xistra

O pasado venres 30 de outubro celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Clube de Montaña Xistra cunha destacada participación de socios e socias.Durante a sesión ordinaria aprobáronse formalmente as contas do exercicio anterior e a memoria de actividades, repasando así mesmo as iniciativas desenvolvidas ao longo deste 2026. A continuación, no marco da Asemblea Extraordinaria e tras cumprirse os catro anos de mandato, procedeuse á renovación da Xunta Directiva. Ante a ausencia de novas candidaturas, Henrique Freixeiro revalida a presidencia —cargo no que acumula máis de 30 anos de dedicación— cun equipo remodelado no que o acompañan Begoña Landesa, Luisa Martínez Bello e Xosé Merino, este último na función de secretario.

O encontro finalizou nun ambiente distendido compartindo un viño e un aperitivo entre as persoas asistentes nun local próximo.


Fai equipo connosco: O club conta coa túa axuda

As actas e memorias completas estarán brevemente dispoñibles na web. Porén, o acordo máis importante destas asembleas é a necesidade de sumar mans. O Clube de Montaña Xistra facémolo entre todos e todas, e calquera achega é benvida:

  • Organización de saídas e actividades deportivas.
  • Xestión e adquisición de material.
  • Mantemento e actualización da páxina web.

Queres botar unha man coa web pero non sabes como?
O propio presidente, Henrique Freixeiro, ofrécese persoalmente a ensinar a calquera socio ou socia a manexar WordPress e subir contidos de xeito sinxelo e guiado.

Se che apetece colaborar en calquera destas áreas ou tes propostas para o club, ponte en contacto connosco. A túa participación é o motor da nosa montaña!

Esta entrada ha sido publicada en Rincón do Socio y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.