Celebrada a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Clube de Montaña Xistra
O encontro finalizou nun ambiente distendido compartindo un viño e un aperitivo entre as persoas asistentes nun local próximo.
Fai equipo connosco: O club conta coa túa axuda
As actas e memorias completas estarán brevemente dispoñibles na web. Porén, o acordo máis importante destas asembleas é a necesidade de sumar mans. O Clube de Montaña Xistra facémolo entre todos e todas, e calquera achega é benvida:
- Organización de saídas e actividades deportivas.
- Xestión e adquisición de material.
- Mantemento e actualización da páxina web.
Queres botar unha man coa web pero non sabes como?
O propio presidente, Henrique Freixeiro, ofrécese persoalmente a ensinar a calquera socio ou socia a manexar WordPress e subir contidos de xeito sinxelo e guiado.
Se che apetece colaborar en calquera destas áreas ou tes propostas para o club, ponte en contacto connosco. A túa participación é o motor da nosa montaña!







