A nova montaña: coto para uns poucos.

Dende Xistra atopamos cada vez máis temas de preocupación no acceso libre ás montañas (e ós barrancos). Lamentablemente parece que os poucos lugares de liberdade que quedaban cada vez son menos libres. En España e en Galicia en moitos parques e serras atopamos con absurdos de permisos e restricións que finalmente tampouco non melloran a contorna. Pero os lexisladores (moitos deles con intereses particulares e variados sobre a actividade cinexética) permiten a caza ou batidas en lugares que logo prohiben para o paseo normal.
Fora de Europa, tamén algún dos nosos socios de Xistra teñen desbotado expedicións ós Andes arxentinos polas taxas abusivas para a ascensión ó Aconcagua e picos veciños. Agora isto esténdese a Perú, … Agardemos non ter que “colgar as botas”. Sorte e forza!

Ver nova sobre Perú
“La oficina del Parque Nacional Huascarán (PNH) impone esta temporada la obligación de contratar una agencia de turismo y un guía oficial para la práctica del andinismo”

         

Esta entrada fue publicada en Varios. Guarda el enlace permanente.