Aberta inscrición Salceda de Caselas 50km

Xa se encontra aberta a inscrición para participar na VIII edición da andaina “Concello de Salceda”, que como cada ano organiza o C.S. O Coto de San Esteban de Budiño e que se celebra o próximo día 23 de maio.

Esta andaina está incluida na Copa Galicia de Andainas de 50 Km. Haberá ademáis un percorrido alternativo de 25 Km. para os participantes menos preparados. Sairá do Local Social do C.S. O Coto, pasando por máis de 40 muíños (moitos deles operativos hoxe en día), percorrerá as marxes dos ríos Tinto, Caselas, Miño e Louro, e tamén pasará polos concellos de Salceda, Porriño, Salvaterra de Miño e Tui.

Para inscribirte visita a web: http://btt.aforna.org/adaforna/ANDAINA/andaina.htm
Data límite de inscrición: 17 de maio.
Número máximo de participantes: 250.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.