Convocatoria de Eleccións 2022 FGM

Procedemos a informarvos do proceso electoral da Federación Galega de Montañismo. Animámosvos a participar e presentarvos como deportistas, técnicos e árbitros en cada estamento da Asemblea. Para calquera cuestión, podedes falar con nós nos teléfonos do club.

Reproducimos circular emitida por Adolfo Puch:

<< Achégovos neste correo a Convocatoria de Eleccións 2022 xunto ao Regulamento e Calendario electorais coa aprobación definitiva da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia que rexirán o noso proceso electoral.

 Anímovos a unha participación activa nestas eleccións.

Comentarvos que conforme á normativa de referencia publicarase na páxina web da federación con accesos restrinxido aos federados/as mediante identificación co número de DNI, na solapa “Federación” no apartado de “Transparencia” no botón de “Proceso Electoral 2022“ (directamente no enlace https://fedgalmon.gal/proceso_electoral_2022/), toda a documentación que se vaia xerando.

 Rógovos difundades esta información entre os vosos socios.>>

 

         

Esta entrada fue publicada en FGM, Rincón do Socio. Guarda el enlace permanente.