Curso de Montañismo Invernal – FGM

20131208_PenaOrnizEstá aberta a inscrición para a próxima fin de semana do Curso de Montañismo Invernal en Torrebarrio (León).
Está pensado para un contacto de iniciación co medio nevado, practicando movementos con crampóns e piolet. Practicaranse autodetencións para caídas en neve.
O prezo son 85€. Inclúe a durmida no refuxio, pero non inclúe comidas.
Tendes máis información chamando á Federación (986 20 87 58) e preguntando polo Director Técnico (Xosé Manuel). A folla de inscrición obrigatoria está en http://www.fgmontanismo.es/descargas/FICHAINSCRICIONCURSOSEGAM.pdf
Debedes facer a inscrición directamente na Federación pero, de tódalas formas, debedes mandar copia da folla de inscrición a Xistra, co fin de que nós saibamos cantos e quen ides ó curso. Estes cursos contan como actividades federativas para o baremo económico que repartimos en Xistra para os socios a fin de ano.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Cursos, FGM. Guarda el enlace permanente.