Esquí de Travesía e Raquetas 2020 – 01/02/2020

Esquí de Travesía e Raquetas 2020 – 01/02/2020

A Federación Galega de Montañismo coa organización do Club Montañeros Celtas, organiza esta próxima fin de semana a actividade anual de travesía con esquís e marcha de raquetas.

Coma o ano pasado a actividade terá coma centro de reunión o albergue do Camping Laciana Natura, onde hai reservadas 30 prazas. É importante que os interesados (só poden participar federados) fagan a inscrición canto antes, debido a proximidade da data de realización. Podedes ver prezos, datas, horarios, etc., no ficheiro adxunto remitido pola organización.

Lembrade que Xistra ten raquetas e crampóns para poder emprestar, pero que o seu número é limitado, polo que serán asignados por estrita orde de inscrición.
Folla de inscrición aquí.

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.