A XXVI Marcha de Vivac da FGM celebrouse esta fin de semana pola Serra do Xurés. Se a participación foi un pouco escasa, isto non desmereceu a actividade. Organizada e levada en horario, permitiu a realización de forma tranquila, o que facilitou que tódolos participantes gozaran das fermosas e graníticas vistas desta serra.
A auga foi máis escasa do que estaba previsto, pero en ningún momento fixo perigar a actividade. O vivac foi realizado baixo o Nevosa. A noite foi tranquila e alumeada polas estrelas e a Vía Láctea.
No final da marcha en San Paio (Lobios), despois de refrescarse no bar da aldea, uns participantes gozaron das duchas do Refuxio federativo de Albite e outros das pozas do río Caldo. Realizouse a clausura da actividade no restaurante A Entrimeña, entregando uns agasallos conmemorativos e funcionais.
Participaron 3 socios de Celtas, 4 de Fontiñas, 1 de Budiño Trail, 6 de Trevinca M.G. e 9 de Xistra.
Podedes ver vídeos da subida neste enlace: aquí