Éxito na 7ª Andaina Bisbarra do Sar

Granada e Barrosa durante o percorrido.

Uns 30 socios de Xistra participaron o día 29/03/2014 na 7ª Andaina Bisbarra do Sar e, salvo algún lesionado, case todos finalizaron os 50km da proba. Algúns incluso na novidade deste ano a “subida extra final”.
Unha xornada interesante, cun tempo variable que, salvo un forte chaparrón durante uns 15 minutos no primeiro bucle, mantivo unha temperatura ideal para esta longa proba.Coma sempre a organización foi un éxito. E os representates de Xistra deron proba da súa boa preparación en xornadas precedentes durante as nosas marchas de 25km de regularidade.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.