Licenzas 2022

Licenzas 2022

A PARTIR DO 1/01/2022 ABRIMOS A TRAMITACIÓN DE LICENZAS 2022

 

ENLACE PARA TRAMITAR RENOVACIÓNS DE LICENZAS (a partir do 01/01/2022)

Pago de renovación de socios e licenzas 2022
Trámite válido só para socios con licenza o ano anterior

Pode facerse o ingreso do importe total [O IMPORTE XA INCLÚE A LICENZA E A COTA DE CLUB], MEDIANTE PAGO CON TARXETA NA NOSA WEB (máis rápido E MELLOR) ou por ingreso na conta do club (en efectivo por caixeiro ou por transferencia) ABANCA ES07 2080 5104 8330 4002 2930

Indicade que no Concepto poñan LICENZA, E O VOSO NOME. Exemplo: LICENZA LUÍS GARCIA G.

OBRIGATORIO: Enviar xustificante de ingreso e indicade o tipo de licenza e suplementos a info@xistra.org
No caso de apreciarse datos falsos na solicitude, esta será anulada. O feito de facer o pago implica aceptar tódalas condicións do club e da Federación. En ningún caso o importe da inscrición será devolto. Teléfono de incidencias +34 886117011 (custe normal de chamada a fixo).

ATENCIÓN OFERTA INFANTIL
(especial en xaneiro e febreiro) = a partir de so 1 €
Os cativos (de 0 a 13 anos cumpridos a 31/12/2022) que teñan un proxenitor federado, e fagan a tramitación antes de 28/02/2022, terán un desconto de 29 equivalentes a unha licenza A e cota anual (deben seleccionar a citada opción). O club fará as correspondentes comprobacións antes de tramitar a licenza subvencionada. Despois do 28/02/2022 terán un desconto de 15 €.

ATENCIÓN OFERTA XUVENIL
Os rapaces (de 14 a 17 anos cumpridos a 31/12/2022) que teñan un proxenitor federado terán un desconto de 15 € (deben seleccionar a citada opción). O club fará as correspondentes comprobacións antes de tramitar a licenza subvencionada.

A T E N C I Ó N
IMPORTANTISIMO: A tramitación NON É INMEDIATA Solicitaremos a Licenza á FGM unha vez teñamos constancia do ingreso. Obrigatorio pasar a recoller a Licenza antes de facer as actividades para confirmar que estades cubertos pola Compañía Aseguradora. Chamar ao club aos dez días de tela solicitado.

ATENCIÓN PARA ÓS QUE TRAMITEN A LICENZA AUTONÓMICA:
O ÁMBITO TERRITORIAL EN 2022 SÓ É PARA GALICIA.
NON VALE PARA ACTIVIDADES FEDME, NON VALE PARA IR A PORTUGAL OU PARA O RESTO DE ESPAÑA.

Para a tramitación das licenzas e das subvencións, o Clube de Montaña Xistra ten que poder facer a cesión de datos (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, sexo, teléfono, …) dos socios do club á Federación Galega de Montañismo (que cederá á FEDME e á compañía de seguros), así como achegar datos simples (nomes e apelidos) ós organismo oficiais coma Concellos, Deputacións e Xunta de Galicia, patrocinadores mediante subvencións públicas desta entidade. Vostede accede libremente a ser socio desta entidade e autoriza a esta cesión de datos, asumindo que sendo socio non pode opoñerse nin agora nin no futuro, e que de querer facelo deberá solicitar a eses terceiros a eliminación dos seus datos. Se tramita a licenza vostede está de acordo.

A afiliación en Xistra é libre e voluntaria, pero vostede asume que as actividades deportivas no medio natural son públicas e que os organizadores teñen dereito a utilizar as imaxes do evento, incluíndo a súa presencia, para dar fe da realización da actividade, para facer as memorias deportivas en papel e en internet e para xustificar ante seguros, federacións ou institucións públicas. Se non acepta esta condición necesaria para a vida normal do club NON PODE DARSE DE ALTA NO CLUBE DE MONTAÑA XISTRA. Se vostede se dá de alta e pertence ao club NON PODE OPOÑERSE Á CESIÓN DA SÚA IMAXE PARA ESTES FINS.

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM, Rincón do Socio, Varios y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.