
Chegada a O Coto – Salceda de Caselas 2014
Como ven sendo habitual moitos socios de Xistra participaron na Andaina de Salceda de Caselas de 50km que organiza o noso amigo e socio “Manolo Andarín”. Con un tempo estupendo para andar e coa tensión dos que querían chegar canto antes para ver “O Partido” a marcha colleu ritmos acelerados por momentos.
Coma sempre: Gran actividade e moi grande organización!! Parabéns dende Xistra.