Monte Aloia – Peque Ruta Xistra – 25/10/2015

peque_rutas2015Tralo descanso do verán, retomamos as actividades de Peque Rutas. Esta vez a proposta é ascender ó Monte Aloia dende a aldea de Frinxo. Unha bonita ruta que tamén ten recunchos moi interesantes por descubrir… Lembrade que a actividade é aberta para non socios, que é gratis, e que os nenos sempre deben ir acompañados dun adulto que se faga responsable deles.

Debedes facer a inscrición (indicando un móbil de contacto) a través do formulario da nosa web. Inscricion pequeruta Monte Aloia – 25102015

Datos para organizarnos… a noite do sábado para o domingo … cambiamos a hora do reloxo!!!!
Polo tanto atentos que non vos confundades!!

08:45h – Quedamos de reunirnos todos cos nosos coches na Praza de América (na parada xunto á estatua do Emigrante – biblioteca).
Desprazarémonos ata a aldea de Frinxo (Tui) subindo pola estrada do Galiñeiro e Prado.
09:30h – Intentaremos comezar a andar antes das 10:00h
Son 4 km de ascensión e 4 de baixada.
É de agardar que esteamos todos de regreso a Frixo antes das 14:00.
… e logo: Tarde libre!!

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Varios. Guarda el enlace permanente.