Preparando parón FGM de agosto

Aínda non nos avisaron dende a FGM, pero como tódolos anos supoñemos que farán un «parón» estival no mes de agosto… ¿que implica isto?

Pois se estades interesados en tramitar licenzas, ou ampliar as coberturas para poder viaxar a Europa ou ó resto do mundo; se ides solicitar os refuxios en agosto; se precisades facer outros trámites… ADIANTADE TODO A XULLO!!

Logo non digades que non estabades avisados. 😉

Publicado en FGM | Comentarios desactivados en Preparando parón FGM de agosto

Palentinas – Xistra – 23/24/25 de xullo de 2022

Saída Montaña Palentina.

Actividade unicamente para socios de Xistra con licenza B ou superior.

Saída o sábado 23 dende Vigo, con actividade o sábado, domingo e luns.
Regreso o luns.

A inscrición inclúe a hospedaxe en liteiras na poboación de Cardaño de Abajo. O importe é de 23 € / persoa / noite.
Hai opción dunha soa habitación dobre. O importe é de 27 € / persoa / noite.

Debido as distancias e ó prezo do combustible haberá unha axuda económica do club para o transporte que oscilará entre os 35 € e os 65 € en función da cantidade de socios participantes.

Prazas moi limitadas (9) e inscrición urxente (antes do 6 de xullo).
Páxina de inscrición e pagamento aquí.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Palentinas – Xistra – 23/24/25 de xullo de 2022

Curso formación árbitros de Marcha Nórdica – FGM

Trasladamos información da FGM respecto deste curso:

«Ola moi boas a tod@s,
Práceme informarvos que no mes de setembro a FGM a través da EGAM organizará e levara a cabo un curso de formación de árbitros de marcha nórdica autonómicos con homologación FEDME. Esto quere dicir que aqueles/as que superen este curso poderán optar á homologación FEDME e ser recoñecidos/as como árbitros estatais. Pero o primeiro paso e obter a titulación autonómica, neste caso a da FGM.
(…) A posibilidade de inscribirse e desde xa, ben no club ou empregando o link que aparece na convocatoria. Por favor, todos/as as interesadas teñen que ter a licencia deportiva FEDME, xa que é un curso homologado, a licencia autonómica é insuficiente.
Calquera dúbida a poden consultar connosco coma sempre.
Saúdos
José Manuel Pérez Prego
Director Técnico da FGM»
Descarga información curso

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Curso formación árbitros de Marcha Nórdica – FGM

II Proba da Liga Galega de Sendeirismo FGM 2022

II Proba da Liga Galega de Sendeirismo FGM 2022

Dende a FGM recibimos a seguinte información:

«Práceme enviarvos a información sobre a II Proba da Liga Galega de Sendeirismo que se desenvolvera no PR-G98 no Canón do Sil o sábado día 11 de xuño.
Acompañando esta menxase tendes dous arquivos co cartel da proba e información máis detallada.
Lémbrovos que a actividade está dirixida a socios dos clubs de montaña integrados na FGM. Tod@s os que queiran inscribirse teñen que ter a licencia federativa do ano en curso, ben autonómica ou FEDME.»
Información da FGM
INSCRICIÓNS NA WEB DA FGM
Consultas: chamar a 986 20 87 58

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en II Proba da Liga Galega de Sendeirismo FGM 2022

Información final dos 100 km do Barbanza 2022

Correo recibido dos Organizadores:

Cita en Lousame! Unha cita que vos levará por 7 concellos e onde ides sufrir e gozar en partes iguais. Ben, non, en partes iguais, non, porque ao chegar aos 100km unha paixón brutal zoupará o voso peito! Por favor, abride e lede atentamente o arquivo adxunto en PDF con información MOI importante sobre a proba. Calquera dúbida, escribide a este correo (andaina100km@itrekkers.org) . Vémonos en Lousame!
Información final 100 km 2022.pdf
Track da proba

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Información final dos 100 km do Barbanza 2022

Campionato Galego de carreira vertical individual e por clubs

Campionato Galego de carreira vertical individual e por clubs

O proba levarase a cabo o día 20 de agosto ás 16:00, celebrándose no quilómetro vertical do Formigueiros, contando con unha lonxitude de 3,9 quilómetros e un desnivel positivo de 950 metros.

OS GAÑADORES TERÁN PRAZA DIRECTA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KV!!

Regulamento (recibido da FGM)

Web inscrición aquí!

Publicado en Actividades, Carreira Vertical, FGM | Comentarios desactivados en Campionato Galego de carreira vertical individual e por clubs

Curso Infantil de Montañismo Estival 2022 – FGM/EGAM

Curso Infantil de Montañismo Estival 2022 – FGM/EGAM

O curso desenvolverase durante a fin de semana do 16 e 17 de xullo e a información detalla dos contidos e actividade que faran os rapaces e rapazas está na convocatoria do curso que vai como arquivo pdf.
Cremos que é unha moi boa maneira de iniciarse nas actividades de montaña, sempre coa supervisión dun técnico da FGM que formará a todos el@s.
Calquer dúbida que teñan as nais ou pais sobre esta actividade poden consultala directamente connosco. – 986208758
José Manuel Pérez Prego
Director Técnico da FGM

NOTA XISTRA:
ACTIVIDADE PARA PARTICIPANTES DE ENTRE 10 E 14 ANOS.
Os socios interesados contactade directamente co club. O club dará unha axuda do 50% da inscrición. 886117011

Publicado en Actividades, Cursos, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Curso Infantil de Montañismo Estival 2022 – FGM/EGAM

Saída A Veiga (Ourense) – Trevinca e río Xares. 18-19/06/2022

Saída A Veiga (Ourense) – Trevinca e río Xares.
Actividade sendeirista no Concello da Veiga.
Sábado 18/06/2022 – Sendeiro PR-G 211 Senda Verde do Xares – aprox. 35km pola beira do encoro de Prada.
Domingo 19/06/2022 – Sendeiro PR-G 200 Ruta das Lagoas Glaciarias da Serpe e de Ocelo – aprox. 14 km
Durmida venres e sábado no refuxio da Ponte.
2 Noites x 5€ = 10 €

Haberá axudas por desprazamento por persoa. A axuda poderá ser de entre 15 e 35 € por persoa.

Máximo 20 persoas.
Inscrición por orde de pago.
Data límite para realizar a inscrición: 14-06-2022
Inscricións: https://xistra…/Saida-A-Veiga-Ourense-Trevinca-e-rio-Xares/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Saída A Veiga (Ourense) – Trevinca e río Xares. 18-19/06/2022

Descenso de Barrancos FGM 2022 – 05/06/2022

Descenso de Barrancos da FGM 2022.
O descenso será no río da Cal, no Concello do Rosal.

PROGRAMA
DÍA 5 – Actividade oficial.
10:00h: Agrupamento de participantes.
10:30 – 11:00h: Aproximación e inicio barranco.
15:00h Merenda
17h: Clausura actividade.
É necesario levar provisións para comer durante o descenso.

Material obrigatorio para realizar a actividade: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, daga e 3 mosquetóns (MÍNIMO 1 HMS e 2 sen seguro), 2 cabos de ancoraxe, cinta e oito.
ATENCIÓN: QUEN NON LEVE ESTE MATERIAL INDIVIDUAL NON PODERÁ FACER A ACTIVIDADE. NON HAI ESCUSAS.

IMPORTANTE:
NESTA ACTIVIDADE HABERÁ UN NÚMERO MÁXIMO DE 12 ASISTENTES.

https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/38/BARRANQUISMO-FGM-Rio-Cal-05-06-2022/

O custe de actividade son 10 €. Obrigatorio vacinación Covid-19, sen síntomas compatibles coa enfermidade e con test antixenos negativo.

Máis datos neste enlace.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Descenso de Barrancos FGM 2022 – 05/06/2022

XXII Andaina Serra do Xurés – 05/06/2022

Cartel oficial da marcha

Cartel Andaina Serra do Xurés Información da camiñada

XXII ANDAINA SERRA DO XURÉS
PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA

Para os que non queiran facer o descenso de barrancos, hai unha actividade de montaña que organiza o Concello de Muíños; a afamada Andaina Serra do Xurés.
Data: 5 de xuño ás 10:00h
Saída e chegada: Complexo turístico – deportivo O Corgo – Muíños
Prezo: 12€
Inclúe: Camiseta, ducha e xantar.
Máis información en https://www.concellomuinos.com/xxii-andaina

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en XXII Andaina Serra do Xurés – 05/06/2022