V Día do Sendeirista Galego – 03/04/2022

O Club Montañeiros Celtas en colaboración coa Federación Galega de Montañismo organiza o V Día do Sendeirista Galego.

O roteiro seguirá o PR-G 1, primeiro sendeiro homologado de Galicia e que ven de cumprir 30 anos. A saída será da Ermida da Virxe das Neves, realizando un percorrido circular duns 14 km. Ao rematar, trasladarémonos á Tapería Baxiña para gozar dun almorzo entre tódolos participantes.

PREZO: 5€
(Hai subvención para os socios de Xistra que se inscriban antes do 29/03/2022).

https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/36/SOCIOS-XISTRA:-DIA-DO-SENDEIRISTA-GALEGO/

DATA: 3 de abril
HORA DE SAÍDA: 10 h
LUGAR: Ermida da Virxe das Neves (Erville): Ermida da Virxe das Neves
PERCORRIDO: 14 km – Circular
DIFICULTADE: Baixa

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en V Día do Sendeirista Galego – 03/04/2022

Abren as inscricións para a proba raíña das andainas galegas

Abren as inscricións para a proba raíña das andainas galegas

OS 100 KM DO BARBANZA

É unha proba non competitiva de sendeirismo de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

Terá como saída Lousame ás 16h do 25 de xuño cun percorrido, balizado, é de 100km polos concellos de Noia, Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, a completar nun tempo máximo de 24 horas. A proba rematará, polo tanto, ás 16h do 26 de xuño.

As inscricións serán persoais e deben realizarse neste enlace:
https://tracktherace.com/es/os-100-do-barbanza

Listaxe de inscritos:
https://tracktherace.com/es/eventos-deportivos/trail-running/os-100-do-barbanza/participantes

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Abren as inscricións para a proba raíña das andainas galegas

Publicada a Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2022

Publicada a Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2022

Como é habitual en Xistra, mantemos a nosa transparencia na xestión democrática e libre da nosa entidade.

Publicamos a Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2022 celebrada o pasado venres 25/02/2022.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Publicada a Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2022

AndaGuláns25km – 20 Marzo 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM / FGM

OPEN ANDAINAS 25 km
ANDAGULÁNS25KM

III Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM

ANDAGULÁNS 25 KM + ANDAGULÁNS 12 KM

Esta andaina forma parte da Copa Galega de Andainas de 25 km 2022
Este ano, de forma transitoria e considerando as condicións Covid, non haberá competición de regularidade no Open.

Actividade organizada por Asociación Artístico Cultural de Guláns, C.M. Xistra, Concello de Ponteareas e Federación Galega de Montañismo.

Información da Ruta
Data: 20 de Marzo 2022
Distancia: Ruta Circular de 25 km, aproximadamente
Dificultade: Media/Alta
Peche de Inscricións: 16 de Marzo, ás 23:59 horas

Web para inscricións e pagamento https://25km.es/gulans/

OS SOCIOS DE XISTRA TERÁN UN DESCONTO DO 50%.

Publicado en Andainas25, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en AndaGuláns25km – 20 Marzo 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM / FGM

Asemblea Xeral 2022 Xistra

Asemblea Xeral 2022 Xistra

Venres día 25 de febreiro de 2022 ás seguintes horas: ás 20:00 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 20:30 horas en segunda convocatoria.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. (descarga aquí Ord. Extr.)
  2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2021.
  3. Resumo de actividades 2021, proxecto 2022.
  4. Ratificación acordos Xunta Directiva axudas a deportistas.
  5. Ano electoral FGM e Xistra 2022.
  6. Rogos e preguntas.

Só terán dereitos na asemblea os socios coa cota anual e a licenza tramitada de 2022 antes do día da Asemblea.
Máis información, documentación e inscricións no seguinte enlace: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/35/Asemblea-Xeral-2022-C-M-Xistra/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Asemblea Xeral 2022 Xistra

Cartel e calendario do Circuito Galego de Marcha Nórdica 2022

Recibimos o cartel e calendario de Marcha Nórdica 2022 e incorporamos as probas ó noso calendario online.

Podedes descargar o pdf coas proba neste enlace: https://xistra.org/wp-content/uploads/mn-cartel-2022-4-fgm.pdf

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Cartel e calendario do Circuito Galego de Marcha Nórdica 2022

Calendario de Carreiras por Montaña CxM FEDME / FGM

Recibimos o calendario de CxM de 2022 e incorporamos as probas ó noso calendario online.

Podedes descargar o pdf coas proba neste enlace: https://xistra.org/wp-content/uploads/Calendario-CxM-Trail-2022-FGM.pdf

Publicado en Actividades, Carreira Vertical, FEDME, FGM | Comentarios desactivados en Calendario de Carreiras por Montaña CxM FEDME / FGM

Marín25km – 6 Marzo 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM / FGM

OPEN ANDAINAS 25 km
MARÍN25KM

II Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM

MARÍN 25 KM + MARÍN 15 KM

Esta andaina forma parte da Copa Galega de Andainas de 25 km 2022
Este ano, de forma transitoria e considerando as condicións Covid, non haberá competición de regularidade no Open.

Actividade organizada por C.M. Xesteiras, Concello de Marín, AECC e Federación Galega de Montañismo.

Información da Ruta
Data: 6 de Marzo 2022
Distancia: Ruta Circular de 25 km, aproximadamente
Dificultade: Media/Alta
Peche de Inscricións: 1 de Marzo, ás 23:59 horas

WEB DE XISTRA PARA SOCIOS 2022 CON SUBVENCIÓN 50%
(ata 22/02/2022)

https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/33/MARIN-25KM-MARIN-15KM/

Web oficial para inscricións e pagamento https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/vii-andaina-montes-e-praias-de-marin-25km/ Peche de Inscricións: 1 de Marzo, ás 23:59 horas

Publicado en Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Marín25km – 6 Marzo 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM / FGM

Normas de organización 2022 – Covid-19

Normas de organización 2022.

Para a organización de eventos, faise necesario tomar tódalas medidas de prevención ante posibles contaxios da Covid-19, e para fomentar a práctica deportiva con seguridade e tranquilidade.

A máis de facer cumprir os protocolos fisio-covid da Federación Galega de Montañismo esixirase para a inscrición en actividades de Xistra os Certificados de Vacinación e/ou outras “probas oficiais de non contaxio”, coma test antíxenos 48 h ou PCR 72 h (non válidos os autotest).

Feitas as oportunas consultas ó departamento xurídico contratado polo club, a resposta é:
“O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia autorizou a comprobación dos certificados mediante a lectura do código QR coa aplicación «PassCovid», desenvolta pola Consellería de Sanidade.”

Non podemos solicitar estes documentos por adiantado no momento da inscrición, pero si no momento da propia actividade.

Tódalas actividades de 2022, salvo indicación contraria, deberán facerse con este requisito.

Publicado en Actividades, Andainas25, FEDME, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Normas de organización 2022 – Covid-19

Acordo para Axudas para Deportistas Xistra 2022

Apróbase en Reunión da Xunta Directiva de 20/01/2022 as seguintes axudas con vixencia en 2022 ata novo acordo:

  1. No caso das andainas de 25 km dar axudas da metade da inscrición (se se tramitan a través de Xistra).
  2. Procurar unha axuda similar para as marchas de 50 km e algunha axuda para a de 100 km.
  3. Nas saídas do club dar axudas para o transporte por persoa.

Para esta 3ª proposta o plan é que no momento da inscrición haxa un rango de importes entre os que estarían as axudas. Os importes variarán en función da cantidade de asistentes e do tope máximo de axuda para ese evento.

Copia da Acta da Xunta Directiva aquí.
https://xistra.org/wp-content/uploads/20220120-ACTA-XUNTA-DIRECTIVA-XISTRA-telematica-asincrona.pdf

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Acordo para Axudas para Deportistas Xistra 2022