Eleccións FEDME 2020 – Xosé Lois Freixeiro

O próximo día 10 haberá eleccións para membros da Asemblea Xeral da Federación Española de Montaña e Escalada.

Do noso club se presenta Don XOSE LOIS FREIXEIRO LOPEZ un veterano montañeiro que seguramente coñecedes todos. Dende Xistra pedimos a vosa presencia e voto para o noso socio e para os compañeiros que se presentan con el:

JUAN JOSE COLOM FERNANDEZ
ANTONIO MANUEL GARCIA JIMENEZ
MANUEL NOVES PARRAS
GUILLERMO ROIG SUÑER
MIGUEL SANCHEZ CANOVAS
MIGUEL VALDIVIESO JIMENEZ

Por favor, non faltedes o día 10 de 17:30 a 20:30 horas (horario electoral).

Lugar de votacións: Federación Galega de Montañismo, rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17 – 36209 – VIGO

Grazas
O Presidente

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Eleccións FEDME 2020 – Xosé Lois Freixeiro

Xistra – Candidatura polo estamento do Clubs nas eleccións FEDME 2020

O Clube de Montaña Xistra, coma única entidade galega que leva participando ininterrompidamente na Asemblea Xeral da FEDME nos últimos 7 mandatos, volve a presentarse coma candidato para representar os intereses dos clubs galegos.

Nestes 28 últimos anos asistimos a tódalas Asembleas Ordinarias e Extraordinarias da FEDME, facendo unha labor de apoio e fiscalización desta entidade estatal, tal como era a nosa obriga e así quedou reflectido nas actas das asembleas.

Unha FEDME na que entramos coma asembleístas xa hai moito tempo; nunha época en que o domicilio social aínda estaba radicado en Madrid e nun momento de mala xestión que, lamentablemente, facía que a federación contara con enormes débedas e moi pouca presencia no deporte español.

Nós, coma membros do estamento de clubs, fomos testemuñas e tamén partícipes na decisión do cambio cara unha presidencia radicada en Barcelona e dirixida por Joan Garrigós; tamén asistimos aos cambios positivos que levaron a esta Federación a ser unha entidade moi saneada economicamente, con máis e máis federados cada día; con novos deportes, con moita presencia nos medios de comunicación e con resultados incribles nas competicións internacionais de escalada, carreiras por montaña, esquí de montaña, etc.

Agora é un momento de cambio. O Presidente Joan Garrigós non repite coma candidato. Por iso a nosa presencia é importante para apoiar e fiscalizar ao novo Presidente ou Presidenta, e á súa Xunta Directiva. Para que o traballo feito ata agora non poida ser dilapidado. Por iso os membros da Asemblea debemos ter capacidade e coñecer a historia da entidade. Para que a nova Federación non repita erros históricos e si manteña unha liña ascendente.

E o único candidato galego entre os clubs que, indubidablemente, cumpre coa experiencia e o compromiso neste proceso electoral é Xistra.

Por iso pregamos aos Presidentes das entidades galegas que apoien a nosa candidatura.

Por favor, non faltedes o día 10 de 17:30 a 20:30 horas (horario electoral).
Lugar de votacións: Federación Galega de Montañismo, rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17 – 36209 – VIGO

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Xistra – Candidatura polo estamento do Clubs nas eleccións FEDME 2020

+1 / Vídeo de Willy Suárez @willyysuarez / Con sentidiño!

https://youtu.be/BbX9HsKXkS4

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en +1 / Vídeo de Willy Suárez @willyysuarez / Con sentidiño!

Eleccións FEDME 2020

La Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada comienza su proceso electoral para la elección de una nueva Asamblea General, una nueva Comisión Delegada y un nuevo Presidente.

Máis datos neste enlace web.

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Eleccións FEDME 2020

Galicia restricións Covid-19

Importante información para movernos por Galicia tendo en conta as restricións do Covid-19
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Restriccions-concellos

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Galicia restricións Covid-19

Bisbarra do Sar 2021

Estimados socios:

Recibimos comunicación sobre a organización da próxima andaina Bisbarra do Sar 2021.
Procedemos a copiarvos a mensaxe por se fose do voso interese.

14ª EDICIÓN ANDAINA BISBARRA DO SAR
Sábado, 17 de Abril de 2021

Estimad@ Andareg@:
Como inscrit@ en la 13ª edición de la Andaina Bisbarra do Sar, celebrada el pasado 19 de Septiembre, y debido a las circunstancias de tod@s conocida, esta Organización ha decidido que tod@s los que os habíais anotado para participar este año podréis hacerlo sin pagar cuota de inscripción en la 14ª edición, que se celebrará el próximo 17 de Abril de 2021.

La única condición que se pone es que tendrás que CONFIRMAR tu solicitud de participación en el siguiente e?mail:
2021@andainabisbarradosar.com
Podrás hacerlo desde el día 5 de Octubre hasta las 20:00 horas del Lunes 30 de Noviembre, momento en que este enlace se eliminará automáticamente, no siendo posible ya poder confirmar la participación gratuita y por lo tanto para poder participar tendrás que pagar la cuota que fije la Organización.

En el email deberás poner: Apellidos, Nombre, DNI y correo electrónico.

Cordial saludo.
Asociación Colectivo Remonte

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Bisbarra do Sar 2021

Nota de agradecemento Andaina Bisbarra do Sar 2020

2020 Andaina Bisbarra do Sar.

Dende a organización da Andaina Bisbarra do Sar queren transmitir o seu agradecemento pola nosa confianza e lealdade coa súa proba ano tras ano. Xistra participou cun importante número de socios e socias nesta marcha de 50 km que, con moito sentidiño e protocolos sanitarios e deportivos, puidemos realizar.

Dende o Clube de Montaña Xistra tamén queremos agradecer a Arturo Reboyras e a tódolos colaboradores o seu bo facer. Un durísimo traballo en época Covid-19 que ben merece o máximo recoñecemento e aplauso.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Nota de agradecemento Andaina Bisbarra do Sar 2020

Actividades federativas 2020: CxM, Marchas 50 km, rutas sendeiristas…

Moitos preguntades polas actividades federativas 2020.

Pregámosvos que acudades a buscar información directamente na nova web da FGM: https://fedgalmon.gal/

En caso de precisar máis información podedes chamar ó teléfono 986 20 87 58

Publicado en Actividades, Cursos, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Actividades federativas 2020: CxM, Marchas 50 km, rutas sendeiristas…

XXXII MARCHA GALEGA DE VETERANOS 2020

Marcha veteranos FGM 2012

Transcribimos comunicación recibida do club organizador:

» Estimados amigos:

Achegamos a información máis completa sobre esta actividade que, salvo que a situación empeore ou se reciban indicacións contrarias, estamos en disposición de levar a cabo o vindeiro día 13 co apoio, ánimo e indicacións da FGM. (Achegamos protoclos COVID-19)

A pesares de estar xa indicado na documentación adxunta insistimos na necesidade de que cada participante terá que asinar unha declaración de responsabilidade que, preferentemente nola enviades por correo-e ao club o mércores día 9 en que remata o prazo para apuntarse, ou será recollida a cada participante ou responsable do club o mesmo día da marcha.

Tamén, por favor, informar aos vosos socios que nesta ocasión, na procura de preservarnos todos mellor, non se celebrará o xantar de confraternidade e cada un terá que levar a súa propia comida. Para o cal estableceremos un lugar ao aire libre onde poder xantar con máis seguridade.

Agardamos que, pese a todo, deades difusión a esta actividade e compartades con nós a idea de, actuando sempre con responsabilidade, facer por manter os nosos hábitos e costumes máis saudables e recuperar na medida do posible a nosa propia normalidade.

Recibide un afectuoso saúdo, Carlos Garrido «

Xunto indicamos os enlaces informativos:
Comunicado Clubs
Tríptico Veteranos (Interior) (Exterior)
Declaración responsable FGM Organización Deportistas
Protocolo Fisicovid-DXTGalego-FGM

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en XXXII MARCHA GALEGA DE VETERANOS 2020

Marchas de 50 km 2020 FGM

A Federación Galega de Montañismo (FGM) informounos nos últimos días de xullo de 2020 que, a pesar do Covid-19 pero mantendo tódolos protocolos sanitarios e deportivos, a partir de setembro habería 3 probas de 50km: Ribeira, Padrón e As Neves.
Salvo da actividade de Padrón, no club non temos recibido máis información, e consideramos que a comunicación dada pola FGM, cando menos, non fora suficientemente contrastada polo seus responsables.
Ver noticia prensa dixital de 14/07/2020 anulando Ribeira.
Sabemos que moitos estades a preguntar, pero estamos pendentes da información dispoñible na web da FGM.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Marchas de 50 km 2020 FGM