https://25km.es/2022/01/16/2022-open-cun-formato-excepcional/
Contra a violencia machista
Redes sociais
CATEGORÍAS
INFORMACIÓN DE INTERESE
MEMORIAS DO CLUB
Novas por mes
https://25km.es/2022/01/16/2022-open-cun-formato-excepcional/
ESQUÍ E RAQUETAS: PERCORRIDO GALEGO (4-6 DE FEBREIRO)
O Club Montañeiros Celtas e a Federación Galega de Montañismo organizan a actividade: PERCORRIDO GALEGO DE ESQUÍ DE MONTAÑA E RAQUETAS DE NEVE
Datas: 4-6 de febreiro
Lugar: Villablino (León).
Máis información en https://fedgalmon.gal/esqui-e-raquetas-percorrido-galego-4-6-de-febreiro/
Ascensión ó Montouto (O Courel)
Sábado 15/01/2022
Saída de media montaña programada para o sábado 15 de xaneiro de 2022, dende al aldea do Robledo no Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) partindo dende os 850 metros de altitude e chegando ó cumio do Montouto a 1.541 metros.
A ascensión e baixada estímase nuns 16 km a realizar nunhas 5:30 horas.
A saída precisa de roupa adecuada para o frío, víveres e bebidas. Debe realizarse en autosuficiencia pois non hai puntos de avituallamento.
O asistentes deberán seguir tódolos protocolos anti-Covid-19.
Os desprazamentos serán en vehículos particulares.
Para a organización da actividade os asistentes deberán concentrarse en Vilamartín ás 9:30-9:45 horas (estímase que dende Vigo hai 2:30-2:45 horas de condución).
Dende Vilamartín de Valdeorras faremos unha aproximación de case media hora en vehículos particulares ata a aldea do Robledo.
Inscrición gratuíta e obrigatoria neste enlace.
Pregase que os interesados tramiten antes do xoves as súas licenzas deportivas se non o fixeron aínda.
Obrigatorio certificado de vacinación Covid da UE e recomendable un test negativo nas 24 horas previas.
A PARTIR DO 1/01/2022 ABRIMOS A TRAMITACIÓN DE LICENZAS 2022
ENLACE PARA TRAMITAR RENOVACIÓNS DE LICENZAS (a partir do 01/01/2022)
Pago de renovación de socios e licenzas 2022
Trámite válido só para socios con licenza o ano anterior
Pode facerse o ingreso do importe total [O IMPORTE XA INCLÚE A LICENZA E A COTA DE CLUB], MEDIANTE PAGO CON TARXETA NA NOSA WEB (máis rápido E MELLOR) ou por ingreso na conta do club (en efectivo por caixeiro ou por transferencia) ABANCA ES07 2080 5104 8330 4002 2930
Indicade que no Concepto poñan LICENZA, E O VOSO NOME. Exemplo: LICENZA LUÍS GARCIA G.
OBRIGATORIO: Enviar xustificante de ingreso e indicade o tipo de licenza e suplementos a info@xistra.org
No caso de apreciarse datos falsos na solicitude, esta será anulada. O feito de facer o pago implica aceptar tódalas condicións do club e da Federación. En ningún caso o importe da inscrición será devolto. Teléfono de incidencias +34 886117011 (custe normal de chamada a fixo).
ATENCIÓN OFERTA INFANTIL
(especial en xaneiro e febreiro) = a partir de so 1 €
Os cativos (de 0 a 13 anos cumpridos a 31/12/2022) que teñan un proxenitor federado, e fagan a tramitación antes de 28/02/2022, terán un desconto de 29 € equivalentes a unha licenza A e cota anual (deben seleccionar a citada opción). O club fará as correspondentes comprobacións antes de tramitar a licenza subvencionada. Despois do 28/02/2022 terán un desconto de 15 €.
ATENCIÓN OFERTA XUVENIL
Os rapaces (de 14 a 17 anos cumpridos a 31/12/2022) que teñan un proxenitor federado terán un desconto de 15 € (deben seleccionar a citada opción). O club fará as correspondentes comprobacións antes de tramitar a licenza subvencionada.
A T E N C I Ó N
IMPORTANTISIMO: A tramitación NON É INMEDIATA Solicitaremos a Licenza á FGM unha vez teñamos constancia do ingreso. Obrigatorio pasar a recoller a Licenza antes de facer as actividades para confirmar que estades cubertos pola Compañía Aseguradora. Chamar ao club aos dez días de tela solicitado.
ATENCIÓN PARA ÓS QUE TRAMITEN A LICENZA AUTONÓMICA:
O ÁMBITO TERRITORIAL EN 2022 SÓ É PARA GALICIA.
NON VALE PARA ACTIVIDADES FEDME, NON VALE PARA IR A PORTUGAL OU PARA O RESTO DE ESPAÑA.
Para a tramitación das licenzas e das subvencións, o Clube de Montaña Xistra ten que poder facer a cesión de datos (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, sexo, teléfono, …) dos socios do club á Federación Galega de Montañismo (que cederá á FEDME e á compañía de seguros), así como achegar datos simples (nomes e apelidos) ós organismo oficiais coma Concellos, Deputacións e Xunta de Galicia, patrocinadores mediante subvencións públicas desta entidade. Vostede accede libremente a ser socio desta entidade e autoriza a esta cesión de datos, asumindo que sendo socio non pode opoñerse nin agora nin no futuro, e que de querer facelo deberá solicitar a eses terceiros a eliminación dos seus datos. Se tramita a licenza vostede está de acordo.
A afiliación en Xistra é libre e voluntaria, pero vostede asume que as actividades deportivas no medio natural son públicas e que os organizadores teñen dereito a utilizar as imaxes do evento, incluíndo a súa presencia, para dar fe da realización da actividade, para facer as memorias deportivas en papel e en internet e para xustificar ante seguros, federacións ou institucións públicas. Se non acepta esta condición necesaria para a vida normal do club NON PODE DARSE DE ALTA NO CLUBE DE MONTAÑA XISTRA. Se vostede se dá de alta e pertence ao club NON PODE OPOÑERSE Á CESIÓN DA SÚA IMAXE PARA ESTES FINS.
O sábado 2 de abril de 2022
INSCRICIÓNS
Dende o 1 de decembro de 2021 ata o 24 de marzo de 2022.
INSCRICIÓN
Aberta dende o 1 de decembro
Para inscribirse correctamente deben cubrirse tódolos campos da plataforma de pago. Confirmado o abono o inscrito/a aparecera na listaxe oficial e poderá imprimir o xustificante de pago
A PROBA
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 3 aneis (16 + 18 + 16), que transcorre por sendas, ríos, pistas forestais, sendeiros e aldeas con chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.
Inscricións e datos na web http://andainabisbarradosar.com/
Podedes descargar información e o regulamento neste enlace: https://xistra.org/wp-content/uploads/reglamento-617a5ad6920447.62765370.pdf
Organizada polo noso club amigo, Club de Montaña Ribeira Sacra, volven a chamarnos a compartir no tempo dos magostos as súas paisaxes e a súa fermosa natureza.
As inscricións poden facerse antes do día 14 de novembro na web de https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2208/xiv-andaina-da-castana

ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA FGM E O CLUB ALPINO OURENSÁN PARA O DÍA 14 DE NOVEMBRO.
As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.
Data límite para a inscripción: Mércores 10 de Novembro
PARA INSCRIBIRTE DIRECTAMENTE, PREME AQUÍ
ATENCIÓN… PARA FACER A INSCRICIÓN HAI QUE LOGUEARSE CON CONTA DE GOOGLE NA WEB DO C.ALPINO OURENSÁN. OS QUE TEÑAN PROBLEMAS CON ESTE SISTEMA PODEN CONTACTAR CON XISTRA E XA TEMOS OUTRA INSCRICIÓN PARALELA.
Inscrición en Xistra https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/27/DIA-SENDEIRISTA-FGM-2021/
Faremos un roteiro circular duns 15km preto de Manzaneda.
Hora de comezo: 9,30h. no aparcadoiro da estación de Manzaneda.
Transporte: Coches particulares.
Requisitos: Estar federado e cubir a declaración responsable. Preme aquí para descargar.
Prezo: 5€ a ingresar na conta do Club Alpino Ourensán (se queres participar na comida):
ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank)
Tralas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria celebradas o día 22/10/2021, vimos de incorporar na nosa web as Actas correspondentes a estas reunións.
Así mesmo, substituímos os anteriores Estatutos polos novos aprobados por unanimidade.
Informámosvos que xa pagamos as taxas correspondentes e tramitamos a solicitude de rexistro na Xunta de Galicia dos novos Estatutos sociais da nosa entidade.
Tendes toda a información na páxina https://xistra.org/o-clube/
Tamén vos informamos que xa xustificamos as axudas da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo e quedan pendentes de xustificar unha da Deputación de Pontevedra e unha opcional da Xunta de Galicia. No momento de redactar esta nova, só percibimos o líquido da do Concello de Vigo.
Debido a unha caída global dun importante provedor de internet (OVH) a aplicación para inscricións non funcionou esta mañá.
Centos de páxinas webs do mundo quedaron desconectadas durante 2 horas.
Lamentamos as molestias que se puideron orixinar.
Un saúdo cordial,
O Clube de Montaña Xistra
CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2021
O Presidente do Clube de Montaña Xistra de conformidade co disposto no artigo 17 dos vixentes Estatutos do Club, convócalle para que asista á Asemblea Xeral Ordinaria e á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar, a primeira delas, o venres día 22 de outubro de 2021 ás seguintes horas: ás 21:00 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 21:30 horas en segunda convocatoria. A Asemblea Xeral Extraordinaria será celebrada inmediatamente despois do peche da ordinaria.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:
Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2021.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.2 dos Estatutos da Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día:
IMPORTANTE
Protocolo COVID-19: en cumprimento das medidas socio-sanitarias será obrigatorio o uso de mascara en todo momento e manter a distancia de seguridade entre os asistentes.
Tódolos interesados deberán solicitar a súa asistencia mediante a inscrición previa en https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/26/Asembleas-Xerais-2021-C-M-Xistra/
dispoñible na web do club. Tamén están dispoñibles os documentos relacionados (actas, contas, e novos estatutos)
ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.