A Federación de vacacións.

Estimados socios:
A Federación está de vacacións dende o 01/08/2020 ata 31/08/2020 (segundo información telefónica recibida). Polo tanto a tramitación de licenzas quedará limitada.
Máis información na web da FGM.

Publicado en FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en A Federación de vacacións.

CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2020

Estimado/a socio/a de número:
O Presidente do Clube de Montaña Xistra de conformidade co disposto no artigo 17 dos vixentes Estatutos do Club, convócalle para que asista á Asemblea Xeral Ordinaria e á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar, a primeira delas, o venres día 17 de xullo de 2020 ás seguintes horas: ás 19:30 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 20:00 horas en segunda convocatoria. A Asemblea Xeral Extraordinaria será celebrada inmediatamente despois do peche da ordinaria.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:
1.Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2019.
3.Resumo de actividades 2019, proxecto 2020.
4.Rogos e preguntas.
Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2020.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.2 dos Estatutos da Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día:
1.Modificar os Estatutos do Club para incorporar a autorización para a celebración de Asembleas Xerais Ordinarias e Xuntas Directivas mediante medios telemáticos.
IMPORTANTE
Protocolo COVID-19: en cumprimento das medidas socio-sanitarias será obrigatorio o uso de mascara en todo momento e manter a distancia de seguridade entre os asistentes.
Excepcionalmente tódolos interesados deberán solicitar a súa asistencia mediante a inscrición previa en https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/23/inscripcion/nueva dispoñible na web do club.
ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado | Comentarios desactivados en CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2020

Cancelado o VII Open de Andainas de Regularidade 25 km

Estimados deportístas:

No día de onte, 19/05/2020, en reunión telemática dos Organizadores das distintas probas do VII Open de Andainas de Regularidade 25 km tomáronse os seguintes acordos:

1.- A proba de Andaguláns25km que estaba aprazada polo estado de alarma do Covid-19, pasa a ser cancelada definitivamente e procederase a devolver os cartos das inscricións.

2.- As probas de Cuntis, Rianxo, Ponteareas e Vigo, que estaban pendentes de abrir as inscricións, acordan tamén cancelar a súa realización neste ano 2020.

3.- O Coordinador, de acordo co resto dos Organizadores, establece que nesta competición 2020 de sete probas, das que só foron executadas as dúas primeiras, non tendo realizado nin sequera a metade máis unha, non é pertinente a realización dunha clasificación oficial final e polo tanto quedan desertos os premios do Open.

O VII Open de Andainas de Regularidade 25km queda deserto por causas de forza maior.

Agardamos poder informarvos a final de ano das probas de 2021.
Saúdos, saúde e sorte a todos.

Publicado en Actividades, Varios | Etiquetado , , , , , , , , | Comentarios desactivados en Cancelado o VII Open de Andainas de Regularidade 25 km

Cancelación proba de Andaguláns25km 2020

PROBA CANCELADA
ANDAGULÁNS 25 KM

VII OPEN DE ANDAINAS DE 25 KM DE REGULARIDADE.

OS ORGANIZADORES ANTE A SITUACIÓN DE CONTINUA ALERTA SANITARIA CONSIDERAMOS QUE DEBEMOS CANCELAR A PROBA DE 2020 DE GULÁNS.
PROCEDEREMOS A REINTEGRAR AS INSCRICIÓNS A TÓDOLOS PARTICIPANTES MEDIANTE O ABONO NAS SÚAS TARXETAS DE CRÉDITO.
LAMENTAMOS AS MOLESTIAS.

Publicado en Actividades, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Cancelación proba de Andaguláns25km 2020

Cursos gratuítos para federados FEDME

e-campus eeAmA federación española FEDME está ofrecendo os cursos gratuítos ós seus federados durante o estado de alarma… ou ata cando eles consideren!

Polo tanto, é interesante que vos pasedes pola súa web e aproveitedes esta magnífica oferta.

Información de cursos FEDME

Publicado en Actividades, Cursos, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Cursos gratuítos para federados FEDME

12/03/2020 – Emerxencia Sanitaria Coronavirus COVID-19

Guláns, 12 de marzo de 2020

Ante as circunstancias de emerxencia sanitaria que estamos a sufrir, dende Andaguláns vémonos na necesidade de APRAZAR a Andaina de Guláns 25 km do próximo domingo 22 de marzo de 2020.

A Asociación Artístico Cultural de Guláns, o Clube de Montaña Xistra e Andaguláns senten tomar esta decisión obrigados polas circunstancias que esta a sufrir o noso País.

Unha vez superada esta emerxencia sanitaria proporemos nova data para a celebración da nosa Andaina. Todos aqueles andaríns que xa estean inscritos e non podan acudir na nova data, seralles devolto o importe da sua inscrición.

A ORGANIZACIÓN


Preguntas frecuentes:

* As probas do Open aprazadas, ¿para cando van ser?

  • Ante a situación de emerxencia de saúde pública, son as Autoridades Sanitarias e os Gobernos do Estado e das Comunidades Autónomas as responsables de marcar as medidas de protección individual e colectiva necesarias.
  • As nosas organizacións deportivas, seguindo estas recomendacións, estaremos atentos para convocar as novas datas en función da diminución da alerta ou desaparición da mesma.
  • En canto poidamos, procederemos a indicar as novas datas.

* Ides devolver os cartos? Cando?

  • Si, devolveremos os cartos se non podes asistir na nova data.
  • Para facilitar a xestión, aqueles deportistas que xa estean inscritos e que por calquera motivo non poidan acudir na nova data asignada a esa proba, deben solicitar a devolución do importe da súa inscrición e os organizadores procederan coa maior dilixencia.
Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en 12/03/2020 – Emerxencia Sanitaria Coronavirus COVID-19

19/04/2020 – Día do Sendeirista de Galicia

Invitación da Federación e do club Os Sendeiros de Foz.

Este ano, o noso club ten o pracer de organizala e agardamos que sexa do agrado de todos vos. Nós estamos traballando con ilusión para que novamente poidamos xuntármonos os Montañeiros e Sendeiristas Galegos nesta actividade que tanto nos une.

Sirva este primeiro contacto para adiantarvos que a zona escollida para realizar esta actividade será no Concello de Folgoso do Caurel (Lugo) e a mesma transcorrerá polos sendeiros Ruta Devesa da Rogueira II.

Que estas letras sirvan para animarvos e que animades aos vosos socios a participar nesta nova edición. Agardamos que deades a máxima difusión a esta actividade, na cal todolos participantes levarán o seu agasallo.

Lembrarvos que todos os participantes deberán estar en posesión da licenza federativa.

Nunha próxima comunicación vos daremos unha información mais detallada, quedando a vosa disposición para aclarar calquera dúbida que teñades sobre a mesma. Agardando saudarvos persoalmente nesa data, recibide mentres unha forte aperta.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 19/04/2020 – Día do Sendeirista de Galicia

HIRU HAUNDIAK 2020 – (pre-inscricións)

Desde la Sociedad Excursionista Manuel Iradier, promotora de la Prueba Hiru Haundiak, se ponen en contacto para informar del proceso de inscripciones para la próxima edición que se celebrará el 17 de octubre de 2020.

Como en ediciones anteriores, se recogerán las preinscripciones de los interesados/as los cuales entrarán en un sorteo, tras el cual, se volverá a abrir un plazo de inscripción definitiva.

Fechas clave del proceso de inscripción

15 de febrero       Apertura de plazo de preinscripción
25 de febrero       Cierre de plazo de preinscripción
28 de febrero       Sorteo
02 de marzo        Apertura de plazo de formalización de la inscripción y pago
10 de marzo        Fin de inscripciones
15 de marzo        Asignación de vacantes y lista de espera

Disponen de una nueva web donde encontrar toda la información:
www.hiruhaundiak.com

Publicado en Actividades, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en HIRU HAUNDIAK 2020 – (pre-inscricións)

II Proba de Escalada de Base na cidade da Coruña – FGM

O día 11/02/2020 abriuse o prazo para a inscrición á II Proba de Escalada de Base na cidade da Coruña.

Con motivo de desenvolver unha proba dinámica e intentar ao máximo posible os tempos mortos, haberá un número máximo de participantes que é de 100 sumando todas as categorías.

As prazas serán outorgadas por orde de inscrición.
Atentamente
José Manuel Pérez Prego
Director Técnico da FGM

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en II Proba de Escalada de Base na cidade da Coruña – FGM

Actividades federativas para febreiro 2020

  • A I Proba da Copa Galega de Escalada de Base o sábado 8 de febreiro no Pavillón Municipal dos remedios en Ourense.
  • A apertura de presentación de candidatiuras aos III Premios de Alpinismo Galego. Eiquí tendes o enlace ao formulario de presentación de candidaturas: https://fedgalmon.gal/formulario-para-os-iii-premios-alpinismo-galego-2020/
  • II Curso Infantil de Montaña Invernal, próximo 6 marzo, tamén atopades os detalles e como inscribir aos máis xoves neste enlace: https://www.facebook.com/events/782523145547801/
  • II Encontro de Alpinismo Galego en Maraña, os días 29 de febreiro e 1 marzo, a piques de publicarse na web
Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Actividades federativas para febreiro 2020