XXXII MARCHA GALEGA DE VETERANOS 2020

Marcha veteranos FGM 2012

Transcribimos comunicación recibida do club organizador:

» Estimados amigos:

Achegamos a información máis completa sobre esta actividade que, salvo que a situación empeore ou se reciban indicacións contrarias, estamos en disposición de levar a cabo o vindeiro día 13 co apoio, ánimo e indicacións da FGM. (Achegamos protoclos COVID-19)

A pesares de estar xa indicado na documentación adxunta insistimos na necesidade de que cada participante terá que asinar unha declaración de responsabilidade que, preferentemente nola enviades por correo-e ao club o mércores día 9 en que remata o prazo para apuntarse, ou será recollida a cada participante ou responsable do club o mesmo día da marcha.

Tamén, por favor, informar aos vosos socios que nesta ocasión, na procura de preservarnos todos mellor, non se celebrará o xantar de confraternidade e cada un terá que levar a súa propia comida. Para o cal estableceremos un lugar ao aire libre onde poder xantar con máis seguridade.

Agardamos que, pese a todo, deades difusión a esta actividade e compartades con nós a idea de, actuando sempre con responsabilidade, facer por manter os nosos hábitos e costumes máis saudables e recuperar na medida do posible a nosa propia normalidade.

Recibide un afectuoso saúdo, Carlos Garrido «

Xunto indicamos os enlaces informativos:
Comunicado Clubs
Tríptico Veteranos (Interior) (Exterior)
Declaración responsable FGM Organización Deportistas
Protocolo Fisicovid-DXTGalego-FGM

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.