CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2025

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2025

En cumprimento do Artigo 16º Pto.2 e do Artigo 17º dos Estatutos do Clube de Montaña Xistra vixentes dende o 22 de outubro de 2021, o Presidente convoca en tempo e forma a Asemblea Xeral Ordinaria o día 8 de marzo de 2025 co seguinte orde do día:

Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2024 e 2025.

ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.

Importante, o sábado 8 de marzo de 2025, en primeira convocatoria, ás 18:30 horas, e en segunda convocatoria ás 19:00 horas.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior de 2024.
  2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2024.
  3. Resumo de actividades 2024, proxecto 2025.
  4. Rogos e preguntas.

Finalizada a Asemblea, darase paso á entrega de galardóns, trofeos e premios deportivos de 2024

CIRCULAR SOBRE A ASEMBLEA XERAL – AQUÍ!
Consulta sobre a asistencia – Aquí!

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2025

FGM – Raquetas e Esquís 2025 – 8 e 9 de marzo de 2025

Pendentes de que aínda veña o inverno, a Federación propón a realización das actividades de Esquí e de Raquetas. Pegamos a información dispoñible neste momento.

RECORRIDO CON RAQUETAS FGM 2025
ASCENSION PICO JULTAYU MACIZO OCCIDENTAL PICOS EUROPA

La actividad propuesta consiste en la ascensión al Pico Jultayu (1.940 m), partiendo del aparcamiento de Buferrera en los lagos de Covadonga, situado a unos 1.100 m de altitud. Este pico es un magnífico mirador desde el cual se puede contemplar, hacia el oeste, el imponente macizo central de los Picos de Europa, con sus cumbres más altas como Torrecerredo (2.650 m) y los Cabrones (2.553 m). Además, se encuentra muy cerca del Refugio de Vega de Ario (1.634 m), un lugar ideal para hacer una pausa durante el recorrido.

Dificultad Técnica: Moderada
Desnivel Positivo 1165 mts
Distancia 17 Km.
Altitud máxima 1939 m
Altitud mínima 1116 m
Punto Partida Minas Buferrera Lagos Covadonga

RECORRIDO ESQUÍ MONTAÑA FGM 2025
MACIZO ORIENTAL PICOS EUROPA «ANDARA»

La actividad propuesta consiste en la ascensión al Pico San Carlos, situado a 2.214 metros de altitud, partiendo desde el aparcamiento del Jito Escarandi, cercano a la localidad de Sotres. Se trata de una ruta técnicamente sencilla, cuidadosamente seleccionada por su altitud y como alternativa ante la escasez de nieve que hemos experimentado en los últimos inviernos.

Dificultad Tecnica: Moderada
Desnivel Positivo 1000 mts
Distancia 12 Km.
Altitud máxima 2214 m
Altitud minima 1302
Punto Partida Jitu Escarandi

Publicado en FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en FGM – Raquetas e Esquís 2025 – 8 e 9 de marzo de 2025

PERCORRIDO CON RAQUETAS 2025 – FGM

Percorrido con raquetas – Federación Galega de Montañismo.

Percorrido con raquetas – Serra de Ancares

Saída desde Piornedo coa ascensión ao Pena Longa e Mustallar, e regreso a Piornedo.
Punto de encontro: Aparcadoiro Hotel Piornedo as 09:00 h.
Tarxeta federativa FGM ou FEDME do ano en curso 2025.

Equipo e material obrigatorio.

  • Raquetas de neve e bastóns
  • Botas con posibilidade de calzar crampóns.
  • Crampóns
  • Roupa axeitada as condicións invernais: luvas, roupa impermeable, gorro, mochila, termo.

Máis información nestes enlaces:

Os socios de Xistra poden solicitar material prestado neste enlace: https://forms.gle/xCqdoVjkVm1RLtNH6

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en PERCORRIDO CON RAQUETAS 2025 – FGM

Abertas as inscricións de AndaGuláns25km

Xa está aberta a web para facer a inscrición a esta entrañable marcha en Guláns, onde o noso club ten moito que dicir.

Os compañeiros Soto, xa están traballando con outros moitos voluntarios de Xistra e de Guláns en preparar unhas rutas de espectaculares vistas e, coma sempre, aderezadas con sorpresas etnográficas e culinarias.

Lembrade que hai dúas distancias e un número de prazas limitadas. E canto antes vos inscribades mellor, porque logo sube o prezo. Animádevos!!

INSCRICIÓNS EN https://25km.es/gulans/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Abertas as inscricións de AndaGuláns25km

Inscricións abertas Xistra e outros produtos.

Podedes ver as licenzas e produtos que temos dispoñibles no seguinte enlace:

Inscricións e renovación de licenzas, compra de vestiario de Xistra… aquí!

Publicado en Actividades, FEDME, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Inscricións abertas Xistra e outros produtos.

Axudas a infantís e xuvenís 2025

Axudas a infantís e xuvenís 2025

Marcha Infantil Xuvenil 2012

Importante: Segundo acordo por unanimidade da Asemblea Xeral de Xistra en 2024, este 2025 terá esta promoción para os socios infantís e xuvenís.

1.- As cotas e licenzas para INFANTÍS tramitadas ANTES DO 31/01/2025 serán subvencionadas ata quedar nun pago único de 1 € (un euro), para as licenzas tipo A e B.

2.- As cotas e licenzas para XUVENÍS tramitadas ANTES DO 31/01/2025 serán subvencionadas ata quedar nun pago único de 15 € (quince euros), para as licenzas tipo A e B.

Publicado en Actividades, FEDME, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Axudas a infantís e xuvenís 2025

Lembrade que retomamos as axudas ós socios en 2025

Lembrade que retomamos as axudas ós socios en 2025

Pois iso mesmo que pon no título… Algúns estades a queixarvos da decisión tomada por unanimidade na última Asemblea Xeral de Xistra por tódolos/as socios/as asistentes: aumentar o prezo de socio (que levabamos décadas sen modificar) e igualalo con outros clubs da nosa contorna en 30 euros; pero tamén acordamos beneficios para os socios, xa que os participantes nas actividades recibirán as axudas e subvencións que o club poida acadar.

Para empezar, cada actividade do club dá dereito a 1 punto e cada actividade/carreira/competición da Federación galega dá tamén dereito a 1 punto. Haberá subvencións directas a fin de ano de 10, 20 e 30 €, para os que acaden 5, 10 ou 15 puntos (respectivamente).

Polo tanto, se temos 16 andainas e 4 actividades clásicas da FGM, xa temos a subvención completa; ou se participamos nas competicións de escalada, marcha nórdica ou carreiras por montaña, tamén teremos moitos puntos.

E ata damos 1 punto por ir á Asemblea, 2 puntos por asistir á Cea Anual ou por rematar un Concurso Social.

Só quedarán fóra da axuda aqueles socios que non participen da actividade social.

E lembrade que tamén damos axudas a actividades de especial relevancia, como acadar un 8000, como xa se ten feito en anos precedentes… Benvidos a 2025!

Publicado en Actividades, FEDME, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Lembrade que retomamos as axudas ós socios en 2025

Próxima apertura inscricións e tramitación de licenzas 2025

Próxima apertura inscricións e tramitación de licenzas 2025

A partir do 01 de xaneiro de 2025 ides poder renovar e tramitar novas licenzas federativas ou pagar as cotas do club aqueles que non queirades ou poidades facer a licenza.
Vimos de preparar unha nova plataforma para facer o pagamento, e lembrade poñer ben os vosos datos no proceso de pagamento.

Publicado en Actividades, FEDME, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado | Comentarios desactivados en Próxima apertura inscricións e tramitación de licenzas 2025

2024 – Concedida unha axuda pola Deputación de Pontevedra

Publicouse o día 12/12/2024 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para entidades deportivas.

A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 1.163’82 €, cantidade que deberemos xustificar a partir do peche do exercicio deportivo de 2024.

A Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda que colaborará a mellorar as contas do exercicio, especialmente nun ano que estamos a axustar recursos para o vindeiro ano, co fin de evitar novamente resultados económicos negativos.

Agardamos que no 2025 poidamos axudar economicamente a máis actividades deportivas e para iso xa temos implantada unha subida de cota social e unha política de redución de custos importante.

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en 2024 – Concedida unha axuda pola Deputación de Pontevedra

Calendario da Liga Galega de Andainas 2025

Calendario da Liga Galega de Andainas 2025

Podedes descargar o novo calendario de Andainas de 2025.

Animádevos a participar no novo ano…

Publicado en Andainas25, Andainas50, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Calendario da Liga Galega de Andainas 2025