As Neves 50 km – 27/04/2019

Andaina das Neves 2019

Xistra contou con unha grande participación nunha proba onde os inscritos na marcha de 50 km chegaron ata os 150 marchadores.

Parabéns para tódolos participantes nunha proba que mostrou un percorrido sorprendentemente suave, arredor das beiras dos ríos das Neves e Salvaterra. Nun dos puntos case nos achegamos ata Ponteareas e gozamos das ribeiras do Uma e do Tea.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en As Neves 50 km – 27/04/2019

Copa de Escalada Base 2019 – 05/05/2019

A primeira proba da Copa de Escalada de Base 2019 será o dia 5 de Maio en Vigo.

Ademais recordámosvos os seguintes puntos importantes:
1. É imprescindible que clubs, adestradores e participantes coñezan o regulamento.
2. A puntualidade.
3. Que os participantes entreguen a licenza federativa ós árbitros ó chegaren e recollan o seu dorsal.
4. Importante que os participantes veñan co seu material homologado e o teñan posto antes de saír a competir (non permitiremos material que non sexa homologado).

Thais López – Coordinadora de competicións da FGM

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Copa de Escalada Base 2019 – 05/05/2019

XVI Camiñada de Montaña de Entrimo 13/04/2019

Podedes facer a inscrición para a proba de 50 km de Entrimo dende a web do Concello:

http://www.concelloentrimo.es/

http://www.concelloentrimo.es/img/caminada_montana_entrimo/INFORMACION.docx

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en XVI Camiñada de Montaña de Entrimo 13/04/2019

Día do Sendeirista FGM 2019

O día 7 de abril celebrarase no Xurés un evento promovido pola FGM e organizado por P.Trevinca M.G. correspondente co Día do Sendeirista.
Será unha marcha de 19 km e haberá autobús dende Vigo a un prezo de 9€.
Podedes ver máis datos nestes enlaces e facer a inscrición e o pagamento do bus neste formulario: Inscrición dende Xistra.
Datos: Informaciónmapa

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Día do Sendeirista FGM 2019

MPMarín25km – Andaguláns25km

Últimos días para inscribirse nunha nova proba do Open de 25km: Montes e Praias de Marín. En breve pecharán a súa inscrición e contan xa con máis de 300 participantes. Ademais ser unha proba de solidaridade dálle un plus de interese. #25km.es #mpmarin25km

E os compañeiros de Guláns xa están coa súa inscrición aberta. Andaguláns25km é xa unha proba que é un clásico co gran atractivo que supón unha organización moi boa e uns callos para finalizar o día. #25km.es #andagulans25km

E como xa sabedes… para inscribirse e ver máis datos podedes acceder a 25km.es

Publicado en Actividades | Etiquetado , | Comentarios desactivados en MPMarín25km – Andaguláns25km

GRAN CEA E BAILE ANUAL XISTRA

HOMENAXE ÓS SOCIOS – Máis datos aquí en pdf.

O día 16 de febreiro de 2019 desexamos homenaxear a todos aqueles socios que cumpriron 25 anos como membros desta entidade deportiva o ano pasado (2018).

  • SÁBADO 16 DE NOVEMBRO DE 2019
  • ás 21:30h no HOTEL COIA (Vigo)
  • Podedes acudir con familiares ou amigos.

MENÚ (Adultos: 20€ socios e 25€ non socios)1

  • Aperitivos variados
  • Cordeiro ó forno / rodaballo á grella (a elixir na inscrición)
  • Torta de San Marcos ou de froitas
  • Bebidas, café e licores.

(Menú infantil – ata os 10 anos – 7€ socios e 12€ non socios)

Reservas unicamente a través da web de Xistra ata o día 12 ás 21h

Agardámosche nesta cea de gala que ofrece o Clube de Montaña Xistra co fin de brindar un momento agradable e ameno a tódolos seus socios, pois grazas a ti e a tódolos deportistas do club somos o que somos. Esperámosche.

Finalizada a cea haberá baile con música en directo.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en GRAN CEA E BAILE ANUAL XISTRA

Asemblea Xeral Xistra 2019

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Pola presente comunicamos a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2018.
  3. Resumo de actividades 2018, proxecto 2019.
  4. Rogos e preguntas.

ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.

O día será o sábado16 de febreiro de 2019, en única convocatoria, ás 20:00 horas.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Asemblea Xeral Xistra 2019

PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS F.G.M. 2019

PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS F.G.M. 2019
09 DE FEBREIRO

Data: Sábado 9 de febreiro
Hora saída: 09h30 Aparcadoiro preto da Igrexa da Cueta
Lugar da actividade: Peña Orniz – 2.191m
Lugar de Saída: La Cueta 1.440m
Desnivel: +/-800m
Dificultade:EM, Non exixe demasiado nivel de esquí, xa que se trata dunha travesía con pendentes moderadas e pouco compromiso.
Lonxitude: +/- 8,6 km Ida

Material: Deberá levarse material proprio para unha actividade de alta montaña en inverno. Debe revisarse o material de esquí e raquetas. Levar gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou superior, crema protectora, frontal, comida, bebida
Material adicional: Crampóns e piolets.
É obrigatorio material de seguridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda

Cambios na actividade: A organización pode cambiar ou suspender a data e lugar en función das condicións meteorolóxicas e de neve.

Inscricións: A través de Xistra [Só socios de Xistra]

Obrigatorio: Ficha federativa en vigor ano 2019

Podedes facer a inscrición neste enlace INSCRICIÓN

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS F.G.M. 2019

VI Open de Andainas #open25km

Xa temos aberta a inscrición para a primeira proba deste ano 2019: Noia25km – 24/02/2019

Coma sempre tendes información na páxina oficial das andainas 25km.es e podedes facer a inscrición neste enlace: Inscricións

#open25km #noia25km


Publicado en Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en VI Open de Andainas #open25km

2019 Renovación de licenzas e cota anual de socios.

Licenza FEDME 2019

SÓ PARA SOCIOS QUE RENOVAN COTA E LICENZA CON XISTRA DO ANO PRECEDENTE:

Pasarela automatizada de renovación anual de socios:

Comprobe os seus datos, elixa a licenza que lle interese e os suplementos que precise e faga o pagamento dende este enlace PASARELA WEB PARA RENOVACIÓN DE SOCIOS

Publicado en FGM, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 2019 Renovación de licenzas e cota anual de socios.