03/02/2020 – Andaguláns25km abriu a súa inscrición

A proba de Andaguláns25km abriu as súas inscricións o luns día 3 de febreiro de 2020, polo que os que esteades interesados podedes anotarvos a esta proba. Aqueles que o fagan no inicio entrarán nun sorteo de 5 prazas de balde.

Os compañeiros de Guláns sempre nos sorprenden con interesantes rutas e no final cuns callos quentes para recuperar as forzas. Anotádevos!

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en 03/02/2020 – Andaguláns25km abriu a súa inscrición

22/01/2020 – Apertura de inscricións para Marín25km

Apertura de inscricións para Marín25km

O día 22 de xaneiro abríronse as inscricións, a través da súa pasarela electrónica, para a proba de Marín25km.

Celebrarase o 8 de marzo de 2020.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en 22/01/2020 – Apertura de inscricións para Marín25km

11/01/2020 – Aberta inscrición Noia25km

Abertas as inscricións para a proba de 25 km e a proba curta en Noia, a celebrar o día 16 de febreiro de 2020.

Os organizadores, o club Trabandainas, contan coa colaboración do Concello de Noia.

Dende o club nos informan de que a ruta será algo máis longa e chegará a uns 26,7 km aproximadamente, cunha dificultade media. O peche de inscricións será o mércores 12 de febreiro, ás 23:59 horas. Coma o ano pasado, o punto de saída será a Alameda de Noia, fronte ao Concello. Lembrade que hai que acreditarse con tempo e que os federados deben presentar o seu DNI e a súa Licenza.

A proba rematará no Polideportivo do Instituto San Alberto.

Prezos:
Noia 25 km – Federados: 10 €
Noia 25 km – Non Federados: 13 €
Noia 15 km – Federados: 6 €
Noia 15 km – Non Federados: 9 €

Podedes inscribirvos aquí – Web inscrición Noia25km

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en 11/01/2020 – Aberta inscrición Noia25km

Actividade recomendada: Pena Trevinca dende Zamora

O noso socio Manuel Martínez recoméndanos esta actividade solidaria.

» Una ascensión a Peña Trevinca recaudará fondos para el Himalaya – https://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2020/01/14/ascension-pena-trevinca-recaudara-fondos/1216099.html «

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Actividade recomendada: Pena Trevinca dende Zamora

Esquí de Travesía e Raquetas 2020 – 01/02/2020

Esquí de Travesía e Raquetas 2020 – 01/02/2020

A Federación Galega de Montañismo coa organización do Club Montañeros Celtas, organiza esta próxima fin de semana a actividade anual de travesía con esquís e marcha de raquetas.

Coma o ano pasado a actividade terá coma centro de reunión o albergue do Camping Laciana Natura, onde hai reservadas 30 prazas. É importante que os interesados (só poden participar federados) fagan a inscrición canto antes, debido a proximidade da data de realización. Podedes ver prezos, datas, horarios, etc., no ficheiro adxunto remitido pola organización.

Lembrade que Xistra ten raquetas e crampóns para poder emprestar, pero que o seu número é limitado, polo que serán asignados por estrita orde de inscrición.
Folla de inscrición aquí.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado | Comentarios desactivados en Esquí de Travesía e Raquetas 2020 – 01/02/2020

2020 Renovación de licenzas e cota anual de socios.

SÓ PARA SOCIOS QUE RENOVAN COTA E LICENZA CON XISTRA DO ANO PRECEDENTE:

Pasarela automatizada de renovación anual de socios:

Comprobe os seus datos, elixa a licenza que lle interese e os suplementos que precise e faga o pagamento medianta tarxeta de crédito/débito dende este enlace:

PASARELA WEB PARA RENOVACIÓN DE SOCIOS XISTRA

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en 2020 Renovación de licenzas e cota anual de socios.

Licenzas 2020


O día 1/01/2020 abriremos a nosa pasarela web para poder tramitar as licenzas de 2020.

Publicado en FGM, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Licenzas 2020

Tui25km – Éxito de inscricións.

A proba de Tui25km supuxo un cambio na tendencia de anos anteriores.
Recuperamos participación a pesares dun tempo moi desapacible, sendo un éxito de inscricións en relación a anos precedentes.

Superando os cen participantes e corrixindo o percorrido por cuestións alleas á organización, os voluntarios de Xistra conseguiron que todo fose perfectamente. A entrega de trofeos supuxo outro fito, xa que había máis de 75 persoas no acto de entrega de trofeos da propia proba e do Open.

Finalizouse a actividade cun sorteo con abondosos agasallos e cun premio principal dun GPS Garmin.
Para a información de resultados podedes acceder a 25km.es

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Tui25km – Éxito de inscricións.

Subvención material – Xunta de Galicia

O Clube de Montaña Xistra ven de recibir comunicación da Xunta de Galicia da asignación dunha axuda de 952.62€ para a adquisición de material deportivo por importe total de 1.190.77€.
O material adquirido consiste en cordas, poleas, mosquetóns, aseguradores e caixa de primeiros auxilios co fin da súa utilización en barrancos e montaña.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Subvención material – Xunta de Galicia

Acción solidaria Ponteareas25km

O Clube de Montaña Xistra realizou unha doazón de 800€ para alimentos e produtos de hixiene básica para as persoas desfavorecidas no Concello de Ponteareas. Estes cartos proveñen das inscricións na proba #Ponteareas25km deste ano.
Xa no pasado ano fíxose unha doazón para a mesma causa de 600€.
Isto é posible grazas as vosas inscricións e á participación activa do Concello de Ponteareas que facilita moito a realización da proba.
Grazas a todas e todos.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Acción solidaria Ponteareas25km