50km PonteAndar 2017 – 23/09/2017

O Club AROMON Montañeiros de Pontevedra A Roelo organiza o próximo día 23 de setembro a andaina “IV PONTEANDAR” 2017, puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 Km da Federación Galega de Montaña.

Para completar esta Andaina de 50Km os/as participantes inscritos dispoñen dun tempo máximo de 12 horas, con saída ás 09:00 e chegada ás 21:00 horas dende o Pavillón Multiusos da Xunqueira de Pontevedra (zona Campus Universitario).

Inscricións neste enlace.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado | Comentarios desactivados en 50km PonteAndar 2017 – 23/09/2017

I Andaina de 25 km do Barbanza – 01/10/2017

I Andaina de 25 km. do Barbanza

Domingo 1 de outubro de 2017
Punto de encontro e saída: Campo Maneiro (Taragoña – Rianxo).
Hora de saída ás 9 da mañán. A recollida de dorsais será entre as 8 e as 8.45 h.
Distancia 25 km (hai variante de 15 km).
Proba de regularidade (sistema individual) (Puntuará no Open 25km).

Información da probaInscrición na proba

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado | Comentarios desactivados en I Andaina de 25 km do Barbanza – 01/10/2017

Marcha FGM Veteranos – Federación galega – 10/09/2017

XXIX MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
10 de SETEMBRO de 2017
Pontedeva (Ourense) PR-G 175 e PR-G 176

Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 8,00h, polo prezo de 7€.
O lugar de encontro para os que veñan de fora de Vigo podería ser na estación de servizo de A Cañiza (preto da saída da Autovia A52). Contactar coa FGM.
Rematada a Marcha teremos o xantar de confraternidade, para os que o desexen, polo prezo de 12€ no restaurante da Bodega Val do Deva.
Os participantes con 40 anos cumpridos recibirán un agasallo conmemorativo.
O prazo para anotarse a esta actividade remata o xoves día 7 ás 21h

Os socios de Xistra interesados en asistir, deben comunicarlle a Xistra o seu interese, mediante un correo electrónico a info@xistra.org ou chamando ó teléfono 886117011.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Marcha FGM Veteranos – Federación galega – 10/09/2017

Marcha FEDME Veteranos – Federación española – 14-15/10/2017

FEDMEXLIV Reunión y Marcha Nacional de Montañeros Veteranos
Se organizará el 14 y 15 octubre 2017 en la Alpujarra granadina gracias a la organización de la Asociación Deportiva Club Poqueira y la Federación Andaluza de Montañismo.

Información do evento: http://fedamononline.com/eventos/

Os socios de Xistra interesados en asistir, deben comunicarlle a Xistra o seu interese, mediante un correo electrónico a info@xistra.org ou chamando ó teléfono 886117011. Pecharemos as inscricións antes do 8 de setembro de 2017. Os prezos de inscrición e durmida serán comunicados en canto teñamos as reservas.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Marcha FEDME Veteranos – Federación española – 14-15/10/2017

V Maratón de escalada “Canón do Sil” – 16/09/2017

v-bajaQuinta edición do maratón de escalada do Canón do Sil.

O V Maratón de Escalada do Canon do Sil, trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas o día 16 de setembro de 2017. Cada vía ten a súa propia puntuación en fucion da súa dificultade, lonxitude, etc. Gañará a cordada que consiga o maior número de puntos.

Para participar na proba é necesario realizar unha inscrición por equipos a través do Club Alpino Ourensán xa sexa nas súas oficinas ou mediante a súa páxina web: http://www.clubalpinoourensan.es/maraton/inscripcion e sempre antes do día 10 de setembro ás 23:59.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado | Comentarios desactivados en V Maratón de escalada “Canón do Sil” – 16/09/2017

Curso de Técnicos de Sendeiros FEDME – FGM

Curso Técnico Senderos

La formación tiene como objetivo primordial la colaboración con federaciones y clubes en la homologación y el diseño, ejecución y mantenimiento de redes de senderos señalizados, con las marcas propias de la FEDME de GR ®, PR® y SL®, homogéneos en todo el territorio español y con una calidad homologable con las redes de senderos de los países europeos.

La titulación se obtiene tras superar satisfactoriamente dos fases consecutivas. Toda la información necesaria se encuentra en el siguiente PDF:

Curso Tecnico Senderos Galicia

Publicado en Cursos, FGM | Comentarios desactivados en Curso de Técnicos de Sendeiros FEDME – FGM

XV Andaina Popular “Concello de Ribeira” – 02/09/2017

Xa temos de novo con nós unha das probas con máis tirón da tempada: a Andaina do Concello de Ribeira.

Atentos á apertura do prazo de inscrición:

O prazo para realizar a inscrición comezará o 11 de Agosto e rematará o xoves, 31 de Agosto.

Máis información na web do Concello -> enlace

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en XV Andaina Popular “Concello de Ribeira” – 02/09/2017

Curso de primeiros auxilios básicos – Cruz Vermella

Recibimos a información para un curso en Vigo que consideramos interesante para tódolos montañeiros e cidadáns en xeral: un curso de primeiros auxilios.

Tendes máis información en http://www.cruzroja.es/principal/web/formacion/informacion-curso?cod_curso=419705

(Se tendes problemas para abrir o enlace probade con Chrome ou con Explorer)

Publicado en Cursos, Varios | Comentarios desactivados en Curso de primeiros auxilios básicos – Cruz Vermella

Descenso de Barrancos FGM – 9/07/2017

Descenso de Barrancos FGM – Xistra

Actividade para federados FEDME – FGM de descenso de barrancos, a celebrar o domingo 9 de xullo de 2017.

O lugar elixido este ano é o Rego do Val, Folgoso do Courel.
O punto de reunión será xunto ó Concello ás 8:00 am.

Hai posibilidade de reservar a durmida no Refuxio Municipal, mediante reserva a través da nosa inscrición. Esta actividade precisa de material individual adecuado e de experiencia previa en rappel e descenso de barrancos. Quen non leve o material peresoal adecuado non poderá participar na actividade, pero estará obrigado a pagar os custes igualmente.
As inscricións pecharánse o martes 4/07/2017 ás 21:00h ou cando se acade o número máximo de inscricións para este barranco (o que suceda antes). Informarase nesta web cando estea pechado o prazo.

Información -> Aquí
Inscricións neste enlace // Inscricións PECHADAS.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Descenso de Barrancos FGM – 9/07/2017

100 km Barbanza – 24 e 25/06/2017

Amalia, participante de Xistra na proba 2016 dos 100 km do Barbanza.

OS 100 DOS INTERNATIONAL TREKKERS BARBANZA-SAR
(PROBA ESPECIAL COPA 50 KM)
BARBANZA
FGM- INTERNATIONAL TREKKERS BARBANZA-SAR

Máis información en http://itrekkers.org/2017/

Seguimento da proba en:
https://tracktherace.com/es/os-100-do-2017/race

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en 100 km Barbanza – 24 e 25/06/2017