APRAZADA – Saída a Palentinas – Maio 2018

VENSE DE CONVOCAR AS ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA FGM, XUSTO NAS MESMAS DATAS QUE TIÑAMOS ORGANIZADO ESTE EVENTO. LAMENTAMOS TER QUE POSPOÑELO POR CIRCUNSTANCIAS ALLEAS A NÓS.

Coma o ano pasado non puidemos realizar esta saída, non será por nós que non se faga. Temos gañas de volver a unha montaña sorprendente.

As datas previstas son:
11, 12 e 13 de maio de 2018.

A programación farase en función dos inscritos e dos vehículos dispoñibles. Chegando as datas xa veremos se é recomendable levar raquetas e material para a neve. Teremos que saír o venres de Vigo para durmir na zona. O sábado teremos actividade e o domingo tamén, e regresaremos pola tarde. / Tendes información da Montaña Palentina aquí.

  • ACTIVIDADE EXCLUSIVAMENTE PARA SOCIOS DE XISTRA
    con licenza B ou superior.
  • Inscribídevos neste enlace Montaña Palentina.

Non hai que facer ningún pagamento, de momento. Informarémosvos dos prezos da durmida en canto os teñamos. No momento da inscrición indicade se ofrecedes coche para compartir ou se precisades que vos leven.

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, Rincón do Socio y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.