PONTEANDAR 50KM 2015

Os socios que queiran poden cubrir o formulario para facer unha inscrición conxunta dende Xistra. Despois deberán pasar pola oficina de Xistra para pagar os 10€ correspondentes.

Máis info: https://xistra.org/ponteandar-50km-2015-inscricion-conxunta/

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en PONTEANDAR 50KM 2015

Inscrición a XXVI MARCHA DE MONTAÑEIROS VETERANOS – FGM – 13/09/2015

Marcha Galega de Montañeiros Veteranos
Zona: Concello de Campo Lameiro
Percorrido de 17km (GR 94)
Autobús dende a Praza de España en Vigo, con saída o domingo ás 8:00h (8€)
Xantar no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (12€)
Activade Federativa organizada por C.P. Trevinca M.G.

Inscríbete en: xistra.org/inscricion-a-xxvi-marcha-de-montaneiros-veteranos-fgm

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Inscrición a XXVI MARCHA DE MONTAÑEIROS VETERANOS – FGM – 13/09/2015

RTVE – ‘Trekking’, recomendaciones para practicarlo con seguridad

‘Trekking’, recomendaciones para practicarlo con seguridad

  • Esta actividad no requiere grandes inversiones, tan solo un mínimo material
  • El senderismo mejora el estado físico e incrementa la capacidad pulmonar

Escoitar noticia na radio web. Radio 5 Todo Noticias.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en RTVE – ‘Trekking’, recomendaciones para practicarlo con seguridad

Andaina de Ribeira 50km

50km Ribeira 2013

50km Ribeira 2013

Aberta a inscrición para a Andaina de Ribeira 50km.
A coñecida como «Andaina Popular do Concello de Ribeira» xa ten a inscrición aberta na súa web http://www.riveira.es/xiii-andaina-popular-concello-de-riveira/

Lembrade que hai un número máximo de 300 participantes, e que neste momento ten un prezo subvencionado moi interesante para federados.

Coma sempre, agardamos que moitos dos socios de Xistra participen nesta entrañable e dura actividade.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Andaina de Ribeira 50km

Boa acollida do II Trail Montes de Vigo

logoTrailACTUALIZADO!
Incluímos un mapa cos accesos a Fragoselo, duchas e aparcadoiro, datos a ter en conta para unha correcta organización do evento Trail Montes de Vigo e información sobre os avituallamentos:
http://trailmontesdevigo.xistra.org/mais-info/

Quizais ós interesados, gustaredes saber que temos aberto un foro sobre a proba en Correr en Galicia, unha web de referencia neste mundo das carreiras na nosa terra.
Podedes acceder a el no enderezo http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&p=495218#top

Ver video promocional en facebook/xistra

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Boa acollida do II Trail Montes de Vigo

Descenso galego de barrancos FGM – 19/07/2015

Barrancos14Xistra organizou o descenso galego de barrancos da FGM o día 19 de xullo de 2015 no Río Cal (Concello do Rosal).

Tes fotos? Envíanolas a fotos@xistra.org

Fotos da actividade e máis info

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Descenso galego de barrancos FGM – 19/07/2015

Axudas para actividades estatais próximas

Xistra dará unha subvención de 30€/persoa ós seus socios que participen no campamento FEDME (máis info) e outra de 50€/persoa ós que participen na marcha de veteranos FEDME (máis info)

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Axudas para actividades estatais próximas

5ª Ruta do Colesterol

Desde a organización da Ruta do Colesterol envíannos esto:

enviamovos este correo recordatorio de que o vindeiro dia 27 de xuño terá lugar a 5ª Ruta do Colesterol (Boqueixón).
Esperamos a vosa presencia un ano mais en esta andaina que está considerada unha das mais fermosas de Galicia polos andariegos e andariegas que nos teñen visitado.
Ademais, este ano contamos con mais de 25 km de sendas e camiños inauditos que non foron recorridos ata agora. Camiñaremos por autenticas carballeiras das que xa non quedan en Galicia.
Un saúdo, contamos con vos.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en 5ª Ruta do Colesterol

Campamento de Actividades de Montaña 2015

Do 12 ao 17 de xullo celebrarase o Campamento de Actividades de Montaña, dirixido a rapaces entre 8 e 16 anos, na leonesa zona de Cubillas de Arbas.

Realizaranse actividades de escalada, descenso de barrancos, orientación e montañismo. A estancia farase nun albergue en réxime de pensión completa.

A inscrición hai que facela antes do 6 de xullo e, por 50€, inclúe o desprazamento, aloxamento, manutención (tres comidas ao día) e o profesorado.

Máis info: CampamentoActiv_2015

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Campamento de Actividades de Montaña 2015

Publicadas as clasificacións do II Open de Andainas

TUI_Premios

Entrega de trofeos en Tui25km. Sonia Gradin, Andrea Velevona, Jonathan Fernandez, Henrique Freixeiro, Jose M. Vazquez e Cesar Romay.

Publicamos a clasificación definitiva do II Open de Andainas de 25km que vimos de rematar coa última proba en Tui. Un día moi caloroso pero un percorrido moi interesante.

Finalmente fixemos a entrega dos premios e trofeos, así coma un sorteo de cheques para inscricións en actividades e unha tablet.

Tódolos participantes foron invitados a café e bebidas refrescantes antes e despois da marcha. Podedes ver as clasificacións aquí.

 

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Publicadas as clasificacións do II Open de Andainas