Marcha con Vivac FGM – 13 e 14 xuño 2015

Ascensión ó Fontefría

Ascensión ó Fontefría (Xurés)

A Federación xunto co Club Montañeiros Celtas invítannos a participar na marcha con vivac que terá lugar no Macizo Central galego. Percorreremos dende San Miguel de Bidueira os montes de Manzaneda e o Seixo, durmindo en medio da serra. O domingo descenderemos ata Celeiros (Chandrexa de Queixa) para comer na de Xerardo.
Unha actividade montañeira que non debedes perder. Apuntádevos no club canto antes.

Enlace formulario inscrición

XXVIII MARCHA VIVAC
(CLUB MONTAÑEIROS CELTAS + F.G.M)
13 E 14 DE XUÑO
Itinerario: San Miguel de Vidueira – Manzaneda – Celeiros – Chandrexa de Queixa.
Hora saída o 13 de xuño as 08:30 horas dende Praza de Espeña e chegada o 14 de xuño as 20:00 horas.
Imprescindible ter a licencia de montaña do 2015         Prezo comida: 5€
Data límite de inscripción o mércores 10 de xuño.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Marcha con Vivac FGM – 13 e 14 xuño 2015

Marcha e Campamento Infantil – Xuvenil 20-21/06/2015

Marcha Infantil 2010

Marcha Infantil 2010

Xistra organiza o Campamento e Marcha Infantil – Xuvenil da FGM os días 20 e 21 de xuño. Será na serra do Xurés, en Albite. Os nenos poderán poñer as súas tendas xunto ó refuxio, ou durmir no mesmo. Os interesados deberedes inscribirvos en Xistra ou na FGM.

Lamentamos comunicarvos que esta actividade foi aprazada sine die por la escasa inscrición de clubs e o reducido número de rapaces anotados. Dende Xistra, por unha parte queremos pedir desculpas, en nome da Federación e do noso club, ás persoas que estaban inscritas por esta molestia totalmente allea a elas; e por outra banda desexamos destacar que, a pesares desta penosa situación, non perdemos ilusión en poder realizar unha actividade interesante e divertida cos rapaces nalgunha fin de semana de setembro ou outubro.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Marcha e Campamento Infantil – Xuvenil 20-21/06/2015

Nota de prensa – valminor.net

O periodico Val Miñor (valminor.net) faise eco da nosa marcha Tui25km

http://www.valminor.net/2015/05/29/andaina-tui25km-montanismo/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Nota de prensa – valminor.net

Últimos días de inscrición para Tui25km

Andainas15Tui25km

Aínda podedes inscribirvos na última marcha de 25km de 2015. Será o día 7/06/2015 no monte Aloia e, por suposto, vaivos gustar. Parte do trazado cambia respecto do ano pasado pero visita os lugares máis interesantes desta preciosa contorna.

Podedes ver máis datos na nosa web https://xistra.org/copaandainas25/ ou no facebook https://www.facebook.com/events/1587340841553540/

Por certo, este ano tamén teremos sorteos de cheques e dunha tablet.

sony-tablets1-hands2-lg[1]

 

 

 

 

 

 


(Imaxe non contractual)

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Últimos días de inscrición para Tui25km

Adiante!! Salceda de Caselas 50km

Subindo a Faro Budiño - 50km Salceda.

Subindo a Faro Budiño – 50km Salceda.

Hoxe 23 de maio, estamos de andaina… só 50km!!

Unha proba organizada polo noso socio e amigo Manolo «o andarín». Seguro, que será todo un éxito e que, coma sempre, todos quedaremos encantados coa proba.

Comeremos e gozaremos moito máis que noutras andainas, por moi antigas ou de máis renome. Coma a de Salceda… non hai!!

Nota: (redactada o 25/05/2015): Éxito de participación de socios de Xistra. Un día de moita calor pero con magníficas vistas e unha excelente organización. Un 10 para Manolo!!

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Adiante!! Salceda de Caselas 50km

Publicados os resultados de Pontedeva25km

bannerIIOpenXa tendes dispoñibles as clasificiacións da proba de Pontedeva25km e da xeral provisional.

Pontedeva25km

17 de maio (domingo)
Datos da proba
Ficheiro co percorrido para Google Earth
Mapa do percorrido
RESULTADOS DA MARCHA 2015 PONTEDEVA25KM ORDEADOS POR DORSAL
CLASIFICACIÓN DA MARCHA 2015 PONTEDEVA25KM POR PUNTUACIÓN
CLASIFICACIÓN PROVISIONAL II OPEN ANDAINAS 25KM (3 PROBAS)

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Publicados os resultados de Pontedeva25km

Peque Ruta – Domingo 24

peque_rutas2015O domingo 24 (o día das eleccións municipais), os máis pequenos tendes unha invitación a participar nunha nova Peque Ruta.
Será polo monte Aloia, pero sen subir ata o cumio. Faremos un percorrido polo castro do Alto dos Cubos e tamén polos muíños de Tripes. Un percorrido cómodo e interesante. Apuntádevos antes do venres 22!

(Aprazada por falta de inscritos).

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Peque Ruta – Domingo 24

Novo récord de licenzas Xistra

Xistra ven de superar o número de licenzas de anos precedentes.

Neste intre no club temos máis de 150 socios activos. A Xunta Directiva de Xistra agarda que tamén a participación en actividades federativas vaia en aumento, potenciando o peso do club dentro da Federación e organizando máis actividades para socios e para deportistas federados. Parabéns a todos.

Publicado en FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Novo récord de licenzas Xistra

II Open de Andainas 25km

CARTEL_XISTRA_II_Open_25km_petitPublicada a listaxe provisional (con data 12/05/2015) dos inscritos para Pontedeva25km.
Pregamos que se vedes algún erro o fagades constar canto antes.
E os que aínda non se inscribiron,… que non tarden. Remátase o prazo sen recargo!!
Listaxe provisional de inscritos

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en II Open de Andainas 25km

Pontedeva25km – Últimos días de inscrición.

CARTEL_XISTRA_II_Open_25km_petitLembrade que estamos nos últimos días para inscribirse na 3ª proba do Open de Andainas 25km 2015. O lugar da marcha ben merece a pena: Pontedeva, na provincia de Ourense (moi próximo a Cortegada).

Os que estades inscritos en breve estaredes na listaxe que estamos actualizando. Os outros animádevos canto antes… que logo hai recargo!!

Descarga formulario excel para inscrición

Pontedeva25km

17 de maio (domingo)
Datos da proba
Ficheiro co percorrido para Google Earth
Mapa do percorrido

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Pontedeva25km – Últimos días de inscrición.