Abertas as inscricións para o II Open de Andainas 25km

bannerIIOpenAbrimos hoxe a inscrición para o II Open de Andainas 25km. Este ano hai algunhas novidades: Cambia de nome algunha proba e incorporamos un destino novo.

A primeira proba será a de MontesDeVigo25km é partirá dende o Campo de Fútbol do Coruxo no Fragoselo. Será o día 8 de marzo de 2015.

Logo virán as probas de Gondomar25km, a novidade de Pontedeva25km e finalizaremos na interesante proba de Tui25km.

É importante suliñar que este ano axustamos os prezos de inscrición e que podedes beneficiarvos dos descontos por inscrición en varias probas dunha vez. Debedes descargar a folla de excel e encher os datos. Se tendes problemas, contactade co club.

Agardámosvos.
Máis datos e inscricións en https://xistra.org/copaandainas25/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Abertas as inscricións para o II Open de Andainas 25km

Aprazada Peque Ruta Galiñeiro

peque_rutas2015Domingo 15/02/2015 – 7:15h am
Escoitamos o despertador, achegámonos á fiestra e … segue igual!!
Néboa no Galiñeiro, máis poalla… Agardabamos un cambio, pero parece que o tempo non quere axudar.
Saír e que veña a chover é unha cousa. Saír con nenos e chovendo… é un absurdo. Por iso a metade dos inscritos xa se deran de baixa o sábado. O resto tiñamos certa esperanza.
Sendo sensatos, imos pospoñer esta actividade para máis adiante.
Grazas pola vosa paciencia. Avisaremos para a próxima actividade infantil.

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Aprazada Peque Ruta Galiñeiro

Percorrido de Esquís e Raquetas FGM – Cambios Importantes

Subindo á Lagoa de OceloNunca neva a gusto de todos!

ATENCIÓN: Primeiro porque había moita neve en po e non podiamos chegar a Ancares; logo porque estaba todo reservado e coincidía coas festas de entroido; agora porque todos temos outros compromisos… Pois hai que tirar partido da neve antes de que marche!!

Así que, despois de moito falar entre responsables de Xistra e da Federación, acordamos facer esta actividade federativa tan especial o día 22 de FEBREIRO en MANZANEDA.

Haberá un percorrido de esquí por Cabeza de Manzaneda e outro de raquetas dende Requeixo ata O Seixo. Finalizadas as 2 actividades podemos achegarnos ata Chandrexa para comer.

Dada a nova organización da actividade, é preciso que todos vos volvades a inscribir no formulario web que tendes na parte superior dereita desta páxina. Importantísimo que indiquedes se ides a ESQUÍ ou a RAQUETAS. Aqueles que estaban inscritos anteriormente e que xa abonaran a reserva, recibirán en breve o reintegro da súa inscrición.

Agardemos que non haxa máis contratempos…

Punto de encontro: Chandrexa de Queixa (xunto bar Gerardo) ás 9:00h am. do 22/02/2015.
Obrigatorio inscrición previa.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Percorrido de Esquís e Raquetas FGM – Cambios Importantes

Peque-Ruta Xistra – Monte Galiñeiro

peque_rutas2015O domingo 15/02/15 faremos unha Peque-Ruta Xistra 2015.
Será unha saída polo monte do Galiñeiro. Levará unhas 4 horas andando, entre subida e baixada. A dificultade é baixa. Sairemos do Parque Forestal de Zamáns, pero antes quedaremos na Praza de América cos nosos coches (zona parada de bus, diante da biblioteca de Travesas). Saída ás 9:00h. Actividade aberta a non socios.
Os interesados debedes inscribirvos mediante un correo, indicando os vosos nomes, idades e teléfono móbil a info@xistra.org
Máis datos en Peque Rutas.
Atentos á climatoloxía e a posibles cambios de datas!

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Peque-Ruta Xistra – Monte Galiñeiro

Saída invernal ó Candán

NevaradaO domingo 7 de febreiro imos achegarnos ata a neve nunha serra moi próxima: a Serra do Candán, no linde de Forcarei, Silleda e Lalín.

Saíremos de Vigo e de Redondela ás 8:30h. Achegarémonos ata o Alto do Candán e, seguindo a pista dos aeroxeradores, acadaremos o cumio do San Benito (O Candán) de 1014m (válido para os concursos de 2015).

Os interesados chamade ó club para reservar as raquetas.

PD.: Non houbo neve suficiente para usar raquetas. Foi unha suave andaina con moito vento frio.

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Saída invernal ó Candán

APRAZADO – Percorrido de Esquís e Raquetas FGM

5/02/2015
Confirmado.

Tras moitas conversas no día de hoxe, con diversos responsables federativos e do noso club, sobre a calidade da neve acabada de caer nestas xornadas e sobre a seguridade na actividade e nos accesos ata Ancares, acordamos pospoñer este evento federativo.

Salvo indicación en contra, imos agardar 15 días para que as condicións do terreo melloren. Para tomar esta decisión tivemos en conta que a próxima fin de semana coincide co Entroido e que no albergue xa estaban reservadas moitas prazas. Polo que agardaremos 2 semanas e volveremos a abrir a inscrición a próxima semana.

Nova data (estimada) da actividade: 22 de febreiro.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en APRAZADO – Percorrido de Esquís e Raquetas FGM

Pendentes da climatoloxía

Estamos preocupados pola organización da Actividade de Esquís e Raquetas da FGM. As noticias do exceso de neve e de dificultade de accesos poden condicionar o cambio de datas. Manterémovos informados.

Información da DGT

  •   METEOROLÓGICO / LU-723 (20.0 – 28.0 )
  • Desde: 22:47H – 03/02/2015
  • NEVADA por METEOROLOGÍA ADVERSA con circulación difícil en:
    – La carretera LU-723 a la altura de CAMPA DA BRAÑA (A) (LUGO) desde el km 20 al km 28 sentido AMBOS SENTIDOS

    Advertencia: OBLIGATORIO CADENAS O NEUMÁTICOS DE INVIERNO, PROHIBIDO CAMIONES Y ARTICULADOS, PROHIBIDO AUTOBUSES

Por outra banda sabemos que esta mañá seguía bloqueada a estrada de Cervantes a Campa da Braña. Posiblemente tamén dende Piornedo – Vilarello ata a Campa da Braña, pero non hai información fiable. Ademais os accesos pola A6 tamén están complicados. Seguiremos informando.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Pendentes da climatoloxía

FGM – Percorrido Galego de Raquetas e Esquís 2015 – 8/Feb.

raqPERCORRIDO GALEGO DE RAQUETAS E ESQUI FGM 2015

Imos abrir a inscrición para a actividade federativa invernal. Este ano decidimos organizala nos Ancares, o día 8 de febreiro. Obviamente haberá que estar a primeira hora da mañá preparados para saír, polo que imos reservar noite no Albergue Ancares (Albergue de Montaña «CLUB ANCARES»). Haberá dúas rutas independentes, unha para esquís e outra para raquetas. Os trazados dependerán da cantidade e da calidade da neve. Pola tarde do domingo, unha vez finalizada a actividade, haberá unha comida no propio albergue (opcional).

Coma ven sendo habitual con Xistra, non imos cobrar inscrición polas actividades federativas, xa que non vai haber autobús nin gastos obrigatorios. Si será obrigatorio abonar a reserva do refuxio e da comida no momento de inscribirse (gastos sempre opcionais).

Información para facer as reservas Albergue Ancares (sempre a través de Xistra):
Opcións de durmida:
A – Sen durmida
B – Liteira en habitación conxunta (hai que levar saco de durmir) – 8€/persoa.
C – Estancia para 4 persoas (cama de matrimonio e 2 prazas en liteiras, con servizo na estancia) – 14€/persoa.
D – Estancia para 2 persoas (cama de matrimonio, con servizo na estancia) – 18€/persoa.
E – Estancia para 1 persoa – 25€/persoa.
(Nota: hai 1 habitación tipo E, 4 tipo D, e 3 tipo C. Serán asignadas por orde de solicitude e pagamento) (Xa non quedan habitacións. Só están dispoñibles as liteiras)

Opcións de restauración (poden elixirse unha, ambas ou ningunha):
R0 – Sen comida.
R1 – Almorzo domingo (bufé) – 3€/persoa.
R2 – Comida domingo (menú) – 10€/persoa.
(Non hai pratos especiais. Se alguén ten unha dieta especial, debe levar a súa comida)

Folla de inscrición para poder elixir estas opcións: xistra.org/inscricion-a-percorrido-galego-de-raquetas-e-esqui-fgm-2015/

O número de conta para facer o ingreso é:
ES07 2080 5104 8330 4002 2930

ATENCIÓN: A ORGANIZACIÓN poderá mudar de lugar de realización da actividade se por cuestións climatolóxicas ou de escaseza de neve así é requirido.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en FGM – Percorrido Galego de Raquetas e Esquís 2015 – 8/Feb.

Actividade Invernal en Trevinca

Subindo á Lagoa de OceloA fin de semana do 24 e 25 de xaneiro un grupo de socios do club realizamos as ascensións do Maluro e do Pico do Ocelo. Contamos con neve en po que, as veces, complicaba a marcha. Fixemos ascensións tradicionais e con raquetas, e incluso unha semi-escalada de neve en po na ascensión o Pico do Ocelo. Algúns a denominaron como progresión en «vía alambrata». Ese tramo do domingo supuxo que un percorrido de 450 metros tardásemos case 1h e 45 minutos; subida dura e penosa, pero cunha grande satisfacción ó chegarmos ó cumio. Fixemos pernocta no refuxio da FGM de Ponte.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Actividade Invernal en Trevinca

Saída invernal Pena Trevinca – 24-25/01/2015

Actividade Nevaradade toma de contacto coa neve na serra do Eixe (Pena Trevinca). Faremos actividade de iniciación á progresión con neve. Previstas ascensións a Maluro e Pico Ocelo. Hai que reservar o refuxio, polo que é imprescindible a inscrición mediante un correo no club antes das 13:00 do venres 23. Os que precisen piolet ou crampóns deben indicalo no seu correo de inscrición (ollo, hai un número reducido!). info@xistra.org

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Saída invernal Pena Trevinca – 24-25/01/2015