Aprazada Peque-Ruta domingo 18/01/2015

peque_rutas2015Aprazamos a primeira peque-ruta xa que a climatoloxía non acompaña para esta data. Agardamos poder facer esta saída en breve. Inscribídevos para a próxima!

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Aprazada Peque-Ruta domingo 18/01/2015

Peque-Ruta Xistra

peque_rutas2015Este domingo comenzamos coas Peque-Rutas Xistra 2015.
Será unha saída polos montes de Saiáns e con ascensión ata o Outeiro. Levará unhas 3 horas andando entre subida e baixada. A dificultade é baixa. Sairemos da C-550 no Km 137 pero antes quedaremos na Praza de América cos nosos coches. Saída ás 9:30h.
Os interesados debedes inscribirvos mediante un correo a info@xistra.org
Máis datos en Peque Rutas.

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Peque-Ruta Xistra

Xestión de licenzas e alta de socios no club.

Ascensión ó Fontefría

Ascensión ó Fontefría

Por cuestións legais e de razón administrativa, as solicitudes de alta de socios, tramitación de licenzas, inscricións a cursos da FGM ou outras actividades federativas, DEBERÁN XESTIONARSE SEMPRE A TRAVÉS DO CLUB, e NUNCA directamente na Federación. Excepcionalmente, por motivos de urxencia, poderá facerse a xestión directa na FGM pero SEMPRE co coñecemento e autorización PREVIA da administraicón do club.

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Xestión de licenzas e alta de socios no club.

Río Xabriña – Sendeirismo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Río Xabriña

Este domingo 4 de xaneiro comezaremos as actividades montañeiras cunha ruta de sendeirismo polo río Xabriña. Os socios de Redondela sairán dende o seu punto habitual de reunión. Os interesados de Vigo, debedes contactar co club.
A saída dende as poboacións será as 8:00am.
Coordinador: Antonio Sobrado.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Río Xabriña – Sendeirismo

Premios 2014 – Concursos Xistra

MonzonFinalizado o ano 2014 procedemos a comunicar quen acadaron os premios dos concursos 2014 de actividades de montañismo:

Concurso Base:
3ª Categoría Base (infantil-xuvenil) – 10 Montes de máis de 400m
D. Alexandre Freixeiro

Concurso Sénior:
3ª Categoría Sénior (maiores) – 15 Montes de máis de 500m e 2 de máis de 700m
D. Eduardo Barrosa

Parabéns a ambos: sodes os primeiros socios de Xistra que completan a súa correspondente categoría, no primeiro ano de implantación destes concursos. Ambos recibiredes o trofeo correspondente nun acto social que será oportunamente publicitado.

Publicado en Actividades, Concursos, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Premios 2014 – Concursos Xistra

Éxito nas Andainas de 50km FGM 2014

Algúns dos socios de Xistra antes da saída.

Algúns dos socios de Xistra antes da saída.

O ano 2014 supón para Xistra un éxito de participación na Copa de Andainas de 50km da Federación Galega de Montañismo. Do resumo total de diplomas acadados pola finalización das distintas probas, podemos presumir da participación de 39 socios de Xistra en toda a Copa, así como dun record de diplomas que alcanzan a cifra de 193 títulos neste ano.

A modo de resumo de participación de socios de Xistra podemos indicar os seguintes datos:

50km Padrón – Sar 33
50km Entrimo 33
50km Santiago – Fontiñas 22
50km Salceda de Caselas 32
50km Ferrol 9
50km Boqueixón 20
50km Ribeira 24
50km Pontevedra 20
TOTAL COPA DE ANDAINAS DE 50km 193
Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Éxito nas Andainas de 50km FGM 2014

Oferta especial para socios infantís 2015

ATENCIÓN:
Dende o 1/01/2015 ata o día 31/03/2015, XISTRA vai facer unha oferta destinada a tódolos nenos e nenas de menos de 13 anos. Os socios infantís que se inscriban nese periodo terán a licenza federativa e a cota social 2015 gratuíta (o que supón un agasallo de 26€). O único requisito é que un adulto (pai, nai ou titor) tramite conxuntamente a súa licenza e cota anual (Sempre 1 a 1, un neno – un adulto).
Lembrade que facemos esta oferta para incentivar a participación nas novas actividades denominadas PEQUE-RUTAS.

Agardámosvos.

(Nota: a licenza infantil será A ou B; para categorías superiores deberán abonar a totalidade).

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Oferta especial para socios infantís 2015

Calendario de actividades 2015

CalendarioEstamos preparando o calendario de actividades de 2015.

Xa temos novidades que serán do voso interese: máis marchas de 25km, máis actividades de montaña, peque-rutas, carreiras por montaña, barrancos, etc. Todavía non temos o calendario federativo, polo que as nosas datas son provisionais.

Tamén haberá cursos e concursos… para todos!!

Estade antentos porque comezamos forte o ano 2015.

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM | Comentarios desactivados en Calendario de actividades 2015

Tramitación licenzas 2015 – Licenzas urxentes e normais.

Equipo de AndainasRogamos que os socios que precisen a licenza con urxencia antes do día 1/01/2015 (repetimos: só con caracter de urxencia) procedan a poñerse en contacto co club o luns 29/12/2014.

O resto, solicitamos que fagan os trámites despois do día 1 de xaneiro, co fin de facilitar a tramitación correcta e sen apuros, garantindo a máxima atención e dilixencia que ven sendo habitual.
Saúdos e grazas.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Tramitación licenzas 2015 – Licenzas urxentes e normais.

Publicados os novos Prezos das Licenzas FEDME/FGM 2015

Hoxe, sábado 27 de decembro, trala Asemblea Xeral Extraordinaria da FGM, xa podemos coñecer as coberturas e prezos das licenzas de 2015.

Podedes comprobalo na web da Federación Galega de Montañismo, ou senón no noso novo apartado LICENZAS CON XISTRA.

ATENCIÓN: a compañía de seguros en 2015 cambia de Zurich a Mapfre, polo que os centros de saúde también poden cambiar. En breve (nuns días) agardamos poder ofertar esta información.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Publicados os novos Prezos das Licenzas FEDME/FGM 2015