FGM – Percorrido Galego de Raquetas e Esquís 2015 – 8/Feb.

raqPERCORRIDO GALEGO DE RAQUETAS E ESQUI FGM 2015

Imos abrir a inscrición para a actividade federativa invernal. Este ano decidimos organizala nos Ancares, o día 8 de febreiro. Obviamente haberá que estar a primeira hora da mañá preparados para saír, polo que imos reservar noite no Albergue Ancares (Albergue de Montaña “CLUB ANCARES”). Haberá dúas rutas independentes, unha para esquís e outra para raquetas. Os trazados dependerán da cantidade e da calidade da neve. Pola tarde do domingo, unha vez finalizada a actividade, haberá unha comida no propio albergue (opcional).

Coma ven sendo habitual con Xistra, non imos cobrar inscrición polas actividades federativas, xa que non vai haber autobús nin gastos obrigatorios. Si será obrigatorio abonar a reserva do refuxio e da comida no momento de inscribirse (gastos sempre opcionais).

Información para facer as reservas Albergue Ancares (sempre a través de Xistra):
Opcións de durmida:
A – Sen durmida
B – Liteira en habitación conxunta (hai que levar saco de durmir) – 8€/persoa.
C – Estancia para 4 persoas (cama de matrimonio e 2 prazas en liteiras, con servizo na estancia) – 14€/persoa.
D – Estancia para 2 persoas (cama de matrimonio, con servizo na estancia) – 18€/persoa.
E – Estancia para 1 persoa – 25€/persoa.
(Nota: hai 1 habitación tipo E, 4 tipo D, e 3 tipo C. Serán asignadas por orde de solicitude e pagamento) (Xa non quedan habitacións. Só están dispoñibles as liteiras)

Opcións de restauración (poden elixirse unha, ambas ou ningunha):
R0 – Sen comida.
R1 – Almorzo domingo (bufé) – 3€/persoa.
R2 – Comida domingo (menú) – 10€/persoa.
(Non hai pratos especiais. Se alguén ten unha dieta especial, debe levar a súa comida)

Folla de inscrición para poder elixir estas opcións: xistra.org/inscricion-a-percorrido-galego-de-raquetas-e-esqui-fgm-2015/

O número de conta para facer o ingreso é:
ES07 2080 5104 8330 4002 2930

ATENCIÓN: A ORGANIZACIÓN poderá mudar de lugar de realización da actividade se por cuestións climatolóxicas ou de escaseza de neve así é requirido.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.