
Marcha infantil 2011
Setembro é un mes atípico: volvemos ó traballo, ás leas de tódolos días, ós colexios, …, pero facemos promesas de mellora como se fose aninovo.
Debe ser por iso, que é un mes que chega cargado de eventos deportivos para todos nós.
Imos facer un repaso dos eventos:
06/09/14 – Andaina de Ribeira 50km
07/09/14 – 4ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña – I Costa Ártabra Trail
13-14/09/14 – XLI Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME
20-21/09/14 – Campamento e Marcha Infantil Xuvenil FGM
27/09/14 – Andaina de Pontevedra 50km
28/09/14 – Marcha de Montañeiros Veteranos FGM
Ademais a Federación ten previstos os seguintes cursos:
Curso de autorrescate en barrancos.
Curso de autorrescate en escalada.
Curso de orientación con GPS.
E logo hai xente que está “aburrida”… Pois que se poñan a andar! …e xa verán!






O día 13/07/2014 organizamos e celebramos o descenso de barrancos da FGM no río Cerves (Melón – Ourense). Este ano foi un éxito de participación (20 barranquistas de 5 clubs galegos) e unha experiencia moi interesante: fixemos 2 descensos simultaneos, un no Cerves superior e outro no Cerves intermedio.
Dende Xistra pensamos que pode ser moi interesante para todos unha canle formativa de vídeos de montaña que ven de poñer na web a FEDME. Chámanlle “cápsulas formativas” e mostran en poucos minutos cuestións montañeiras e de seguridade que debemos coñecer tódolos que andamos nestes deportes de montaña. Recomendamos que accedades e que coñezades cuestións básicas do montañismo.
No Faro Budiño, máis concretamente na zona de escalada, celebramos un cursiño de toma de contacto co descenso de barrancos. Un socio con gran experiencia con axuda doutros barranquistas demos un bautizo de rápel a compañeiros do club.
O día 28/06/2014 celebrouse en Madrid a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME). O Clube de Montaña Xistra está presente nesa asemblea polo estamento de clubs. Aproveitamos para presentar a nosa Reunión e Marcha de Montañeiros Veteranos FEDME mediante un despregable, carteis e folletos. Na foto adxunta vedes a entrada e acreditación na Asemblea, con dous despregables, un da FEDME e outro da nosa marcha.







