Posposto o Campamento de Verán de Xistra

Lagos de Saliencia. Picos Albos.

Lagos de Saliencia. Picos Albos.

Este ano, con motivo dos complicados traballos que xera organizar o evento da Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME, lamentablemente vemos como os días van achegándose e que non temos preparado o noso Campamento de Verán (15-17/agosto/2014).

É unha actividade familiar, pensada principalmente para papás e nenos. Pero o ano pasado sumáronse algún avó e outros socios, con resultados moi interesantes.

Pero non desesperedes, que podemos facer outro campamento máis adiante (quizais cando chegue realmente o verán…)

Seguiremos informándovos. E cun ollo mirando o ceo…

         

Esta entrada fue publicada en Actividades. Guarda el enlace permanente.