Parabéns a Pablo Conde – I Trail Montes de Vigo

I Trail Montes de Vigo
Fragoselo – Coruxo
8 de junio de 2014

Novamente Pablo Conde acadou unha boa marca nunha proba na que inicialmente non consideraba participar e a que acodiu coma entrenamento.

Un 8º posto dos 149 participantes.

Parabéns novamente.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Parabéns a Pablo Conde – I Trail Montes de Vigo

Cine de montaña.

O sábado 7 de xuño imos facer unha proxección de cortos de montañismo. Unha película histórica de 1972 que conta unha ascensión “fantástica” e, despois, unha reportaxe sobre unha escaladora actual.

A cita será no edificio das Federacións de Vigo e a hora será ás 11:00h.am

Despois comentaremos algo sobre as películas e remataremos cuns pinchos antes da hora da comida.

Agardámosvos.

Publicado en Actividades, Cursos, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Cine de montaña.

14 e 15 de xuño – Fin de semana completa…

20131117_DevesaRogueira

Devesa de Rogueira – Courel – PM ©

A fin de semana do 14 e 15 de xuño están programadas as seguintes actividades:

14/06 – Marcha de 50km de Ferrol
14-15/06 – Marcha con vivac no Courel
15/06 – 1º Proba da Copa Galega de Escalada Base (Domingo pola mañá) (infantil/xuvenil)

Difícil estar en todas! Pero lembrade que todas contan para acadar puntos no baremo de Mellor club de Galicia. Así que cada un pode asistir á que mellor lle preste.

Lembrade que para a Marcha con Vivac xa temos aberta a inscrición no club.
Datos importantes:
Saída do bus de Pza. de España en Vigo 7.00h am – 15€ (con paradas en Ourense e Monforte).
Xantar de confraternidade na Seara o domingo (opcional) por 8€

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en 14 e 15 de xuño – Fin de semana completa…

Pechada a inscrición – 1º Trail Montes de Vigo

08 Xuño 2014 08:00
Capilla de San Sebastián – Fragoselo – Coruxo – Vigo, España
Carrera de montaña con 25 km de recorrido y mas de 1000 metros de desnivel positivo acumulado. O […]
Información importante para os corredores de Xistra.
Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Pechada a inscrición – 1º Trail Montes de Vigo

Atención – Aprazada 2ª PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA EN BLOQUE

Na web da FGM vimos de ver a seguinte entrada:

«»Dada a previsión mIMG_1843eteorolóxica desda fin de semana, a segunda proba da Copa Galega de Escalada en Bloque e Campionato Galego da mesma modalidade.

Informarase da nova data da proba nestes días vindeiros.»»

http://fgmontanismo.es/novas-sobre-a-copa-galega-de-escalada-en-bloque/

Agardamos máis datos para comunicarllos ós socios de Xistra.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Atención – Aprazada 2ª PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA EN BLOQUE

VI Travesía das Fragas do Eume – 6/07/2014

Os compañeiros do Club de Montaña O Caxado das Pontes de García Rodríguez invítanos a participar na súa marcha polas Fragas do Eume. Actividade interesante que anos precedentes ten contado coa presenza dalgún dos nosos socios.
Parte da marcha percorre o PR-G 147, sendeiro que foi sinalizado por SEGATUR, e outra parte máis dura vai por fora do sendeiro. Hai 2 posibilidades: unha marcha de 19km e outra de 30km.Tendes máis información en http://clubmontanacaxado.blogspot.com.es/2014/05/vi-travesia-das-fragas-do-alto-eume.html

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en VI Travesía das Fragas do Eume – 6/07/2014

Cancelados os cursos de orientación.

Curso Orientación con compásCancélanse os cursos de orientación 2014 ata que haxa demanda suficiente.
https://xistra.org/cursos-de-orientacion-e-gps/

Publicado en Actividades, Cursos | Comentarios desactivados en Cancelados os cursos de orientación.

Aberta inscrición para a Andaina de Boqueixón 28/06/2014

colesterolPor fin temos aberta a inscrición para a Andaina de Boqueixón (Ruta do Colesterol) 2014.

Atentos ás datas se queredes aforrar na inscrición.

http://www.rutadocolesterol.com/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Aberta inscrición para a Andaina de Boqueixón 28/06/2014

Mágnifica participación de Xistra na Andaina de Salceda 50km

Chegada a O Coto - Salceda de Caselas 2014

Chegada a O Coto – Salceda de Caselas 2014

Como ven sendo habitual moitos socios de Xistra participaron na Andaina de Salceda de Caselas de 50km que organiza o noso amigo e socio «Manolo Andarín». Con un tempo estupendo para andar e coa tensión dos que querían chegar canto antes para ver «O Partido» a marcha colleu ritmos acelerados por momentos.

Coma sempre: Gran actividade e moi grande organización!! Parabéns dende Xistra.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Mágnifica participación de Xistra na Andaina de Salceda 50km

XXVII Marcha con Vivac. Courel – 14 e 15 de xuño

Ascensión ó Fontefría

Ascensión ó Fontefría – 2013

Seguindo co calendario de Actividades da FGM este ano o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia está a organizar a  XXVII Marcha Con Vivac. A mesma transcorrerá pola serra de o Courel os días 14 e 15 de xuño.

O percorrido levaranos dende Baldomir, seguindo o curso do Lor, ata Seoane. Logo subiremos a Devesa de A Rogueira e o Formigueiros, montando o vivac xa pasado o porto de Visuña.

Na xornada do domingo subiremos ao Faro, baixando logo a Horreos e Ferramulín.
Rematada a actividade nos desprazaremos ao refuxio de A Seara onde teremos un xantar de confraternidade polo prezo de 8€.
Un autobús sairá dende a praza de España de Vigo ás 7,00h do sábado podendo facer paradas en Ourense e Monforte para recoller aos compañeiros que o precisen.
O prazo para apuntarvos en Xistra comeza xa e remata o mércores 11/06/2014.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en XXVII Marcha con Vivac. Courel – 14 e 15 de xuño