El Clube Xistra organiza marchas de media distancia – Faro de Vigo

 

 

O Clube de Montaña Xistra recoméndavos que leades a seguinte noticia de
FARODEVIGO:
«El Clube Xistra organiza marchas de media distancia»
Enlace a Faro de Vigo

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en El Clube Xistra organiza marchas de media distancia – Faro de Vigo

Ábrese a inscrición para o I Open de Andainas de 25km

CartelAndainas2014Esta semana ábrese a inscrición para o 1º Open de Andainas de 25km – Copa de Andainas Populares de Regularidade.

É un proxecto baseado nas xa coñecidas andainas de 50km, pero coa novidade de ser máis curta (para facilitar a participación de máis xente) e cun compoñente de control da regularidade no xeito de andar. Non pretende valorar a velocidade senón a regularidade durante toda a proba.
Podedes ver máis información na lapela ANDAINAS 25KM

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Ábrese a inscrición para o I Open de Andainas de 25km

Hard Trail Monte da Padela

A Padela Natural organizará, no próximo dia 9 de março, o Hard Trail Monte da Padela. Será um evento com distâncias para todos os níveis e gostos:
– Hard Trail de 60km, terceira prova do Circuito Nacional de Ultra Trail da ATRP que dá 2 pontos de qualificação para o Mont Blanc;
– Trail de 30km;
– Uma distância mais acessível, o Mini Trail de 15km!Informações em:
https://lap2go.com/pt/Event/hard-trail-padela-2014/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Hard Trail Monte da Padela

Anuncio novos cursos de Orientación e GPS

Curso Orientación con compásEste ano imos retrasar un pouco estes cursos de orientación e GPS. Pasan a ser nos meses de maio e xuño, polo que teredes tempo para inscribirvos.

As prazas son limitadas a 10 persoas, e o prazo de inscrición rematará 15 días antes do inicio do curso.

Haberá desconto por inscribirse a varios cursos. En total son 3 relacionados coa seguridade na montaña mediante os coñecementos de orientación esenciais: curso de planimetría e compás, curso de GPS e mapas, curso de GPS con conexión ó ordenador e internet.
Tendes tódolos datos nestes enlaces:
CARTEL
CURSO 1 – ORIENTACIÓN EN MONTAÑA
CURSO 2 – INICIACIÓN ORIENTACIÓN CON GPS NIVEL I
CURSO 3 – INICIACIÓN ORIENTACIÓN CON GPS NIVEL II – Conexión PC

Publicado en Cursos | Comentarios desactivados en Anuncio novos cursos de Orientación e GPS

Nunca Jamás

O noso socio Estivel ofrécelle ós membros de Xistra un importante desconto en organización de festas de grupo. Podedes ver a súa oferta aquí.

nuncajamas

 

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Nunca Jamás

Actas das Asembleas Ordinaria e Extraordinaria Xistra.

Podedes descargar copia das actas das asembleas do club celebradas o día 24/01/2014.

20140130 ACTA ASEMBLEAS XISTRA

Tamén podedes ver os novos estatutos do club. Estamos iniciando o proceso de legalización dos mesmos.

Novos Estatutos Xistra

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Actas das Asembleas Ordinaria e Extraordinaria Xistra.

Actividade invernal en Manzaneda

Por falta de neve suficiente, decídese aprazar a actividade ata novo aviso.

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en Actividade invernal en Manzaneda

Asembleas Ordinaria e Extraordinaria.

Lembrade que mañá 24/01/2014 teremos ámbalas dúas asembleas no Edificio das Federacións Deportivas (Casa do Deporte) en Vigo, segundo a convocatoria que xa recibistes os socios.
Para poder votar hai que ter pagada a cota do club e a licenza de 2014.Agardamos a máxima participación.
Unha vez finalizadas as asembleas haberá a tradicional invitación a uns viños (ou refrescos).

Ver mapa aquí.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Asembleas Ordinaria e Extraordinaria.

Actividade de Esquí da FGM

raquetasNovidade SOBRE A ACTIVIDADE DE ESQUÍ E RAQUETAS – 8-9/02/2014.

Segundo unha información recibida onte do encargado desta actividade da FGM, dende o club Montañeiros Celtas «… comunican que esta confirmado que es SOLO DE ESQUÍ, la de raquetas se realizara en un principio en Manzaneda y un domingo, (confirmar por Celtas) en los 10 euros esta incluido el refugio, el desayuno y la cena. «

Dende a Federación confirman que tamén teñen esta información do cambio de contido da actividade, pero están pendentes de confirmar máis datos.

Agardamos que dende Celtas ou dende a Federación dean máis datos e explicacións para poder comunicarvos algo en breve. Dende Xistra en principio lamentamos esta decisión, pero agardamos que a idea de escindir totalmente as dúas actividades acade un resultado positivo, polo ben do noso deporte.

Para os que fan raquetas, queda agardar e confiar en que a actividade vaia adiante.

 

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Actividade de Esquí da FGM

Novos trípticos con información de actividades 2014

Xa temos os primerios trípticos con información dalgunhas das actividades que pretendemos realizar neste 2014.

FolletoSocios2014 Aquí tendes o folleto co calendario xeral e con informacións de Xistra.

FOLLETO ANDAINAS E aquí o folleto das Andainas de 25km (ollo coas datas)

Agardamos a vosa participación.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Novos trípticos con información de actividades 2014