Marcha da Castaña de Ribeira Sacra – 9/11/13

1401187_10202448337198065_1545155575_o

Antonte, entre a humidade pero sen choiva, discorreron as dúas marchas da castaña: a dos adultos e a dos nenos. Os socios de Xistra dividímonos en dous grupos e asistimos a ambas. Divertida, dura, fermosa e outros epítetos puidemos escoitar, ademais das risas e xogos dos máis pequenos. En definitiva, unha xornada interesante e no que as castañas foron a escusa mellor para pasar un bo día no monte.

Estabamos apuntados 17 e acudimos 14 (entre nenos e adultos). Grazas ó Clube de Montaña Ribeira Sacra pola súa organización e o seu traballo.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Marcha da Castaña de Ribeira Sacra – 9/11/13

XLI Reunión e Marcha Anual de Montañeiros Veteranos FEDME – 2014

Veteranos FEDME 2013Primicia!!

Os directivos de Xistra xa tiñan coñecemento deste difícil traballo. Agora, por fin, confirmados os primeiros contactos coas diversas institucións podemos darvos a noticia de que o Clube de Montaña Xistra será o encargado de organizar a próxima XLI Reunión e Marcha Anual de Montañeiros Veteranos FEDME.

Teremos a honra de facela coa vosa colaboración e participación no Concello de Entrimo (Ourense) e cun interesante percorrido polas paisaxes da Serra do Xurés. As datas elixidas serán os días 13 e 14 de setembro de 2014.

Proximamente teredes máis datos. De todas formas vimos de abrir unha páxina que imos ir dotando de contido (escrita en castelán) co fin de subministrar información a tódolos federados españois e portugueses. http://41marchanacionalveteranos.com/

 

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en XLI Reunión e Marcha Anual de Montañeiros Veteranos FEDME – 2014

VII Andaina da Castaña – Ribeira Sacra – Parada de Sil

Os nosos compañeiros do Clube de Montaña Ribeira Sacra de Parada de Sil organizan unha andaina con magosto para o próximo 9/11/2013. Hai percorridos para os inquedos infantís e xuvenís e outro para aguerridos adultos.

Podedes ver máis información neste enlace: http://ribeirasacracm.org/base/galego/VIIandainaC13.php

O prazo para a inscrición remata o 5/11/2013.  Os interesados deberán facer a inscrición pola súa conta e o ingreso tamén. Abaixo hai unha pequena listaxe de 15 socios que fixemos a inscrición conxunta. A inscrición conxunta está pechada.

A inscrición conxunta de Xistra, quedou pechada o 30/10/2013.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en VII Andaina da Castaña – Ribeira Sacra – Parada de Sil

Outra cultura: Alemaña.

Escoitade o que din neste vídeo e gozade coa envexa que produce o número de practicantes de montañismo e sendeirismo en Alemaña. Estamos moi lonxe aínda de ter tantos socios en Xistra… pero todo pode suceder!!

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Outra cultura: Alemaña.

Vantaxes de Xistra

O noso socio Estivel, corredor por montaña ademais doutras boas cousas, ven de acadar unha vantaxe interesante para os socios de Xistra.

No ximnasio Fit Sport, sito detrás do edificio da Dirección Provincial da Seguridade Social que está fronte o Alcampo de Coia, tódolos que presenten a tarxeta federativa co nome do noso club terán un 20% de desconto na cota.

Ver ximnasio -> aquí.

Tamén os que teñan nenos e queiran organizar unha actividade dinamizada con monitores e con inchables, non dubidedes en chamar a Estivel. Teredes uns prezos moi interesantes por ser socios de Xistra. Ver contacto aquí.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Vantaxes de Xistra

Subvencións para o club

Xistra recibiu a concesión da subvención de 2012 da Xunta de Galicia que, no momento de escribir este texto, aínda non foi percibida. Tamén recibimos a subvención 2013 do Concello de Vigo, a cal si xa foi abonada na nosa conta.

E vimos de recibir a información de que a Deputación de Pontevedra asignounos tamén unha axuda económica para o 2013.

Como sabedes, estas axudas repercuten na organización de actividades e directamente na vosa participación, o cal axuda a pagar camisetas de andainas, equipacións de carreiras, desprazamentos da fisioterapeuta, bandeirolas, cheques de desprazamento, etc. Teredes máis información en próximas datas e na Asemblea Xeral do club.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Subvencións para o club

Xistra presente na Marcha de Montañeiros Veteranos FEDME en Madrid

CIMG0111Coincidindo co centenario da R.S.E.A. Peñalara de Madrid, celebrouse a 40 Marcha Nacional de Montañeros Veteranos FEDME. Acodiron dous socios de Xistra, gozando duns días de outubro cun tempo fantástico e sempre en boa compaña.

CIMG0133 CIMG0141Seguro que o próximo ano contamos con máis participación de socios de Xistra.

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Xistra presente na Marcha de Montañeiros Veteranos FEDME en Madrid

Novo récord de federados Xistra

Xistra ven de acadar o límite psicolóxico dos 100 federados. A campaña desenvolvida para fomentar a nova inscrición de federados («Eu estou federado. E ti?») e comezada hai 2 anos ven de chegar a unha cota que non agardabamos acadar tan pronto: pasar de 39 licenzas no ano 2011, a 60 no 2012 e a máis de 100 neste 2013.

Por suposto, moitas grazas a tódolos socios e socias de Xistra.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Novo récord de federados Xistra

FERNANDO ARCA E ROSARIO FIGUEROA GAÑADORES NA II BUDIÑO TRAIL DA COPA GALEGA

Celebrouse esta carreira en Budiño, na que participaron varios socios de Xistra, chegando dentro dos grupos dianteiros.

Podedes ampliar esta nova na páxina web da FGM mediante o enlace seguinte -> FGM.

 

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en FERNANDO ARCA E ROSARIO FIGUEROA GAÑADORES NA II BUDIÑO TRAIL DA COPA GALEGA

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES EN PARADA DO SIL

Boa actuación dos corredores de Xistra. Aínda sen acadar podio, os dous corredores de Xistra mostraron o seu bo facer nunha proba na que participaron os mellores de España.

Podedes ver máis información da carreira na web da FGM.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES EN PARADA DO SIL