Comeza a expedición Xistra 2023 – Manaslu – 8.163m

O domingo 3/09/2023 o noso compañeiro Roberto López comeza a súa aventura para acadar o primeiro 8000 para a historia do noso club.

Unha ascensión ó Manaslu, no Himalaia. Un cumio con 8.163m de altitude.

Tras acadar o ano pasado, no Himalaia nepalí, dous cumios importantes (Island Peak de 6.160m e o Ama Dablam de 6.812m e gran dificultade técnica) agora pon o seu obxectivo no imponente Manaslu.

É o seu primeiro intento a un dos 14 oitomiles existentes. Exactamente ten unha altitude de 8.163 mts, sendo a 8ª montaña máis alta do planeta. Sen dúbida, un gran desafío físico, técnico e psicolóxico.

Na foto vemos a Roberto antes de tomar un dos numerosos voos que terá que coller nesta aventura. O club colabora económicamente na expedición.

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Comeza a expedición Xistra 2023 – Manaslu – 8.163m

Vía ferrata Senda do Santo. Serra da Capelada. Cedeira (Coruña).

Un grupo de socios do club, coa participación da vicepresidenta do club, foron coñecer a vía ferrata «Senda do Santo», o pasado 26 de agosto.

Unha fermosa actividade con fantásticas vistas sobre o Atlantico e a costa de Santo Andrés de Teixido.

Aquí vos deixamos unhas marabillosas imaxes da actividade.

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Vía ferrata Senda do Santo. Serra da Capelada. Cedeira (Coruña).

Ribeira 50 km – Boa participación de Xistra.

O sábado 02/09/2023 unha numerosa representación do club asistíu a unha nova edición da marcha de Ribeira, en concreto a número XIX.

Grazas a Moncho e a tódolos voluntarios que a fixeron novamente posible e que fixeron que gozásemos dun día estupendo.

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Ribeira 50 km – Boa participación.

Aberta inscrición Andaina de Outono 25 km – O Barco 2023

Información do Evento:

  • Data: 12 de Novembro 2023
  • Distancia: 25 km y 15 km.
  • Dificultade: Moderada-Alta la de 25 km    /Baixa la de 15 km
  • Peche Inscricións: 4 de Novembro ás 23:59 horas.
  • Punto de concentración, acreditación, saida e chegada das duas andainas: Parque do Malecón do Barco de Valdeorras.
  • Horarios de recollida dos dorsais: Sabado 11 Novembro (de 17:00 a 20:00) y Domingo 12 Novembro (de 07:30 a 08:30).
  • Horarios de saída: Ás 09:00 ambas andainas.

INSCRICIÓNS: https://sportmaniacs.com/c/xvii-andaina-de-otontildeo-o-barco-de-valdeorras-i-liga-xunta-de-galicia-de-senderismo-da-fgm-liga-iberica-de-

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Aberta inscrición Andaina de Outono 25 km – O Barco 2023

Aberta inscrición Barbanza 25 km – Rianxo 2023

V Andaina 25 Km. do Barbanza, encadrada na Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo
da Federación Galega de Montañismo
• Organizador: Club de Montaña Barbanza 22 Pés.
• Colaborador: Concello de Rianxo
• Data: Domingo, 1 de outubro de 2023
• Hora: 8:00 a 16:00 h.
• Localidade Saída: Porto de Rianxo
• Localidade Chegada: Porto de Rianxo
• Modalidade
Andaina deportiva federada (Poden participar non federados)
• Categorías: Poderán participar deportistas con 14 ou máis anos, pero os menores de 18
deberán ir sempre acompañados en todo momento polos seus titores, sendo
estes os únicos responsables dos menores. As organizacións non se farán
responsable de ningún menor
INSCRICIÓNS: https://eventos.emesports.es/inscripcion/v-barbanza-25km-copa-galega-de-andainas/

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Aberta inscrición Barbanza 25 km – Rianxo 2023

FGM – Suspenden proba de Marcha Nórdica 2023

Comunicado da FGM

A última proba da I Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica que tería que celebrarse no mes de outubro en Salvaterra do Miño, tense que suspender. Por este motivo e por as datas nas que nos atopamos  tomamos a decisión de que o Campionato de Galicia, que se celebrará en A Coruña o 17 de setembro, pase a ser tamén última proba de Copa.

Desta maneira a Copa, finalmente, quedará conformada por catro probas ( Lugo, Santiago de Compostela, Pereiro de Aguiar e A Coruña). Para puntuar na copa hai que competir nun mínimo de dúas probas e se collerán os tres mellores resultados puntuando a última proba un 20% mais.

As inscricións xa están abertas na web da Federación e o prazo para inscribirse remata o día 11 de setembro.

Lamentamos os trastornos que esta situación na que nada puidemos facer para correxir poidan acarrear e, esperamosvos a todos os marchadores no que será unha gran festa da marcha nórdica.
Vogalía de Marcha Nórdica
Federación Galega de Montañismo

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en FGM – Suspenden proba de Marcha Nórdica 2023

Novidades en agosto 2023

Cartel Ribeira50km 2023Pasámosvos a comentar varias novidades deste agosto 2023 e próximos eventos para setembro ata fin de ano.

Por unha banda, está aberta a inscrición na proba de Ribeira50km 2023
Tendes o enlace aquí: https://eventos.emesports.es/inscripcion/xix-andaina-50k-concello-de-ribeira/

Por outra banda, os socios de Xistra deberon recibir unha enquisa no seu correo electrónico. É para coñecer cantos podedes participar na organizaicón de Ponteareas25km de 2023. Podedes participar en https://clientes.flnube.es/index.php/apps/forms/s/i9EeBeFWXqc2JDbM8r6mx8eN

E por último comentarvos que a web de 25km.es ven de actualizarse, e que cambiamos o seu deseño. Podedes velo en https://25km.es/

 

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Novidades en agosto 2023

EQUIPACIÓNS XISTRA.

Xa podedes facer os vosos pedidos de material cos logos de Xistra.

Hai material en stock de bolsas, bufandas tubulares, camisetas técnicas, etc., e tamén podedes adquirir chalecos e chaquetas polares.

Estos últimos produtos hai que pedilos e personalizalos, polo que deberedes facer o pedido e agardar a que os teñamos a disposición.

IMPORTANTE: O pedido de chalecos e chaquetas de home ou de muller remata o 11/06/2023.
Accede aquí para reservar e pagar o teu material

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en EQUIPACIÓNS XISTRA.

ANULADA – Saída A Veiga (Ourense) – Trevinca e río Xares. 17-18/06/2023

Saída A Veiga (Ourense) – Trevinca e río Xares.
Actividade sendeirista no Concello da Veiga.
Sábado 17/06/2023 – Sendeiro PR-G 211 Senda Verde do Xares – aprox. 35km pola beira do encoro de Prada.
Domingo 18/06/2023 – Sendeiro PR-G 200 Ruta das Lagoas Glaciarias da Serpe e de Ocelo – aprox. 14 km
Durmida venres e sábado no refuxio da Ponte.
2 Noites x 5€ = 10 €

Haberá axudas por desprazamento por persoa. A axuda poderá ser de entre 15 e 35 € por persoa.

Máximo 20 persoas.
Inscrición por orde de pago.
Data límite para realizar a inscrición: 13-06-2023
Inscricións: ANULADA

Publicado en Actividades, Andainas25, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en ANULADA – Saída A Veiga (Ourense) – Trevinca e río Xares. 17-18/06/2023

Marcha nocturna de adestramento en 25 km 3-4/06/2023

MarchaMarcha nocturna de adestramento en 25 km 3-4/06/2023

Continuando coa preparación da marcha dos 100 km, propoñémosvos unha marcha singular: 25km entre Zamáns, Aloia, Arruídos e retorno a Zamáns, con tramos nocturnos.

A saída prevista sería de día, aproximadamente ás 19:30 horas dende o parque forestal de Zamáns (390 m), para subir ata o Coto Mediodía (654 m) (ascensión opcional), seguir o sendeiro en dirección ó monte Aloia (633 m). Aquí faremos unha parada no cumio para ver anoitecer e cear (hai que levar os propios víveres e bebidas pois non garantimos que o bar estea aberto).

Esta noite será de lúa chea, pero deberemos levar frontais e luces de emerxencia para cando transitemos por estradas.

O retorno será nocturno e con ascensión ata o monte Arruídos (709 m), onde chegaremos despois das 24:00, polo que será unha ascensión no domingo 4 a primeiras horas. Despois retomaremos o camiño en dirección a Zamáns pola ruta máis longa pero con menos riscos.

ATENCIÓN: NON SERÁ MARCADA. HAI QUE IR EN GRUPO SEGUINDO Ó GUÍA.

A actividade será confirmada en función da climatoloxía con 2/3 días de antelación.

Obrigatorio inscribirse antes do día 30/05/2023
Enlace inscricións: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/56/Marcha-nocturna-de-adestramento-en-25-km-3-4-06-2023/

Publicado en Actividades, Andainas25, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Marcha nocturna de adestramento en 25 km 3-4/06/2023