MARCHA MONTAÑEIROS VETERANOS FEDME – Guadarrama

40ª Marcha Montañeros Veteranos FEDME
Sábado 5 de outubro de 2013

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS 25 SETEMBRO

Inscricións para participar na marcha oficial guiada: 26€*
Reservas da cea de clausura: 35€ *
Participa de todo o evento: a ruta que ti elixas e a Cea de Clausura por 61€*
* Suplemento adicional para *Non* federados 5€

Máis información en http://www.40marchanacionalveteranos.com/marchanacionalveteranos.htm

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en MARCHA MONTAÑEIROS VETERANOS FEDME – Guadarrama

Cursos da EGAM en setembro

Curso GPS

Curso GPS

Segue aberta a inscrición aos cursos de

  • Autorrescate en Barrancos
  • Autorrescate en Rocha
  • Orientación co GPS

Todos eles a celebrarse neste mes de setembro.

Contidos e programa atópanse na sección de formación da páxina web da FGM. Cada curso ten un pdf adxunto cos detalles. Se logo de lelos hai dúbidas, contactar coa Federación por calquera método, teléfono ou mail.

Publicado en Cursos, FGM | Comentarios desactivados en Cursos da EGAM en setembro

Fin de semana completa 50km e Veteranos

50km Ribeira 2013

50km Ribeira 2013

Unha fin de semana densa. Comezamos setembro con 2 actividades na mesma fin de semana: a Andaina de Ribeira de 50km e a Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.

Primeiro: boa participación en ambas.

Segundo: bo tempo a pesares dos prognósticos iniciais.

Tódolos socios de Xistra que tomaron a saída chegaron a Ribeira, realizando o percorrido de 50km ou o de 50+ (plus).

Veteranos 2013

Veteranos 2013

O domingo, na Marcha de Veteranos (cunha soa acompañante infantil), o percorrido foi máis dificultoso pero moito máis curto. O máis importante foron as fermosas paisaxes da Ribeira Sacra do Sil, que non deixaron indiferente a ningún participante.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Fin de semana completa 50km e Veteranos

Marcha Veteranos FGM

Xa temos máis información da Marcha de Veteranos da FGM, moi relevante para os que van dende Vigo. Como sabedes a comida serán 13€.
Agora sabemos tamén que teremos un autobús dende a Praza de España de Vigo, con saída puntual ás 8:30 horas do domingo 8/09/2013. O prezo do autobús será de 7€/persoa.
Para pagar comida e o bus, hai que facelo no momento e en efectivo. Facilitará o tema que levedes a cantidade exacta.

Rogamos que vos apuntedes canto antes na nosa páxina. Se non vedes o voso nome o mércores pola tarde (na listaxe de participantes), por favor chamade urxentemente ó club. Imos mandar a información dos nosos inscritos ós organizadores. Calquera outra cuestión, non dubidedes en chamar canto antes.

Gostaríanos que tódolos que ides á marcha de 50km do sábado tamén se apunten á do domingo (apenas serán 15km).

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Marcha Veteranos FGM

Aberta a inscrición na Marcha de Veteranos FGM 2013

Xa temos máis datos da Marcha de Veteranos 2013. Deberemos facer a inscrición antes do 5 de setembro e temos a opción de participar na comida de confraternidade por un importe de 13€.

Podedes ver máis datos nos documentos adxuntos que remitiu o club organizador:

XXV MarchaVeteranos-13-1

Nota da marcha V-13-2

Lembrade que deberedes inscribirvos no seguinte enlace: https://xistra.org/inscricion-a-marcha-veteranos-fgm/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Aberta a inscrición na Marcha de Veteranos FGM 2013

XLI Campamento e Marcha Infantil – Xuvenil FGM

Marcha Infantil Xuvenil 2012

Marcha Infantil Xuvenil 2012

Vimos de recibir a primeira información sobre o campamento e marcha FGM deste ano.

Como sabedes vaina organizar o C.P. Trevinca – M.G. os días 21 e 22 de setembro.

A zona escollida será o cámping da Freixa no Concello de Ponteareas (Pontevedra). Ó seu carón está a praia fluvial da Freixa e moitos montes de baixa altitude pero emblemáticos en historia e no montañismo galego.

É importante que tódolos nenos de Xistra e os seus pais participen nesta actividade. Ímolo pasar moi ben.

Apuntádevos na nosa web.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en XLI Campamento e Marcha Infantil – Xuvenil FGM

Agardando información da Marcha de Veteranos de Ribeira Sacra.

Marcha veteranos FGM 2012

Marcha veteranos FGM 2012

O noso amigo Antón do C.M. Ribeira Sacra vainos enviar datos sobre a actividade que vai organizar para a FGM o día 8/09/2013. Sabemos que será pola Ribeira Sacra do Sil lucense e sabemos que xa foron visitar o percorrido. Sabemos que despois da marcha teremos unha comida de confraternidade. Supoñemos que teremos un autobús dende Vigo. …

O que si sabemos con certeza é que o percorrido non admite avituallamentos pola organización, polo tanto cada un deberá levar o seu na súa mochila. Pero seguro que será unha xornada especial. Moi «especial» para os que o día anterior temos a andaina de Ribeira!

Aínda así, estaremos alí. E todos vós facede a inscrición na nosa web.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Agardando información da Marcha de Veteranos de Ribeira Sacra.

Preparando a última andaina de 2013 – Ribeira

Equipo de AndainasXa hai máis dunha ducia de socios de Xistra apuntados na andaina de Ribeira. Pero aínda hai destacadas ausencias. Agardamos que nestes días os nosos socios «regresen» do «estado de vacacións» e se sumen a esta actividade. Lembrade que o prazo de inscrición remata pronto. Vémonos o 7/09/2013.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Preparando a última andaina de 2013 – Ribeira

Necesitamos de vós!!

NenosTemos que asistir ás actividades federativas que quedan pendentes se queremos continuar sendo o Mellor Club de Montaña de Galicia (como fomos no 2012).

Por iso contamos con vós para o Campamento Estatal FEDME (a próxima semana), a Andaina de Ribeira (o día 7/09/2013), a Marcha de Montañeiros Veteranos (o 8/09/2013) e outras máis.

Tamén estamos pendentes de saber máis datos do campamento infantil-xunvenil da FGM. É importante que os nenos e pais participen nesta actividade.

Lembrade que é bo para o club (conseguimos máis subvencións canto máis participedes) e tamén para vós (levaredes maiores premios a final de ano). Polo tanto «necesitamos de vós!!»

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Necesitamos de vós!!

Fantástica actividade en Peña Ubiña

Lagos de Saliencia. Picos Albos.

Lagos de Saliencia. Picos Albos.

A actividade familiar de montaña de Xistra en Peña Ubiña saíu moi ben. Visitouse a Fervenza do Xiblu, vimos a cova de Valporquero, percorremos os Lagos de Saliencia e ascendemos ós Picos Albos, gozamos da praia fluvial de Sena de Luna e algún valente chegou ata o cumio do Peña Ubiña.

Hai que preparar máis actividades coma esta, pero coa participación de tódolos socios.

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Fantástica actividade en Peña Ubiña