Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/posposto-o-campamento-de-veran-de-xistra/
Export date: Fri Apr 26 6:18:13 2024 / +0000 GMT

Posposto o Campamento de Verán de Xistra


Lagos de Saliencia. Picos Albos.

Lagos de Saliencia. Picos Albos.


Este ano, con motivo dos complicados traballos que xera organizar o evento da Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME, lamentablemente vemos como os días van achegándose e que non temos preparado o noso Campamento de Verán (15-17/agosto/2014).


É unha actividade familiar, pensada principalmente para papás e nenos. Pero o ano pasado sumáronse algún avó e outros socios, con resultados moi interesantes.


Pero non desesperedes, que podemos facer outro campamento máis adiante (quizais cando chegue realmente o verán...)


Seguiremos informándovos. E cun ollo mirando o ceo...

Post date: 2014-08-12 13:37:00
Post date GMT: 2014-08-12 11:37:00

Post modified date: 2014-08-12 13:37:00
Post modified date GMT: 2014-08-12 11:37:00

Export date: Fri Apr 26 6:18:13 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com